Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Entre lunas y lunáticos
Sempre se dixo que o leite era un alimento básico para os máis pequenos e para os outros. Para facer unha dieta equilibrada e sa, segundo os expertos, era conveniente tomar leite con certa abundancia. Entendíase que este produto achegaba varios nutrientes necesarios para o correcto e adecuado medrar dos ósos e para que o organismo gozase de boa saúde, proporcionándolle importantes cantidades de calcio, proteínas, vitaminas A, B1, B2, B12, C e D, fósforo, iodo e enerxía para resistir e para vivir. Todos, especialistas, expertos e inexperimentados entendían que non se podía prescindir do leite.
Un alimento básico de produción galega e de calidade extraordinaria que pasaba directamente do ubre da vaca coidada polo labrego-gandeiro, polas mans e a xarra ou a caneca da leiteira, á mesa de almorzo de cada casa da vila ou da cidade. Un recoñecido bo alimento, o leite enteiro con tona, con sabor a gloria e con enormes capacidades para erradicar a anemia nos tempos en que a había. Hoxe non é así: aos gandeiros non lles pagan o leite nin lles deixan producilo e, ademais, ninguén é quen de saber o que compra no supermercado, onde se presentan multitude de marcas e un sen fin de variedades, descargadas de grandes camións autorizados para o transporte internacional e envoltos en propaganda. Se as leiteiras levantaran a cabeza, morrerían de noxo e de medo.
Leite fresco, enteiro, semidesnatado, desnatado, leite con pouca lactosa ou sen lactosa, con Omega-3, con sabor e sen olor. Hai leite en envases de mil maneiras con anuncios incitando ao consumo, con etiquetas coloreadas, ben deseñadas e con escasa información de utilidade. Con letra pequena e bordeando os límites da ilegalidade. Incluso, outros leites anúncianse como posuidores de sustancias favorecedoras da redución da presenza de colesterol no sangue de quen os toma. O consumidor, antes de entrar a comprar leite, debería matricularse nun deses cursos avanzados para aprender o que procede rexeitar.
Hai leite enriquecido con calcio e leite con fibra que se anuncia como meritorio na axuda á regularidade intestinal. Outros son leites pasteurizados, esterilizados ou microfiltrados e tamén hai nos estantes comerciais leites vexetais, de soia, con almendra ou con avea. O que non está moi claro é cal deberán coller os que queren tomar leite que sexa leite, como era o da leiteira?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Entre lunas y lunáticos
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Hay responsabilidades... y responsabilidades
Berto Manso
LA OPINIÓN
En la historia no se habla de los cobardes
TAL DÍA COMO HOY
Francis Ford Coppola
Lo último
SU ADVERTENCIA MÁS GRAVE
Trump intensifica sus amenazas a Irán: “Una civilización entera morirá esta noche”
AMPLIAS MAYORÍAS NECESARIAS
Luz verde del Gobierno la reforma constitucional para blindar el derecho al aborto