Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Si, fai corenta anos que un fato de carlinos galegos fumos ao Montejurra. Esa montaña sagrada prós carlistas. Sete compañeiros galegos acudimos á cita que cada ano, no mes de maio, nos convoca a quenes fixemos "por cimeira a boina bermella e a Cruz por blasón". O que non sospeitabamos era que nos estiveran agardando, tanto en Iratxe como na cima do monte santo, unha morea de ultradereitistas: Guerrilleros de Cristo Rey, terroristas arxentinos, franceses e italianos, perfectamente pertrechados con armas automáticas do Exército español, facilitadas polo xeneral Campano e tolerados por quen curiosamente era o ministro de Interior, Manuel Fraga Iribarne.
Na esplanada de Iratxe, quen esto escrebe parolaba cos correponsais españois e extranxeiros que acudían a dar conta do Montejurra 76, cando escoitamos un rebumbio de trompetas e tambores, xente uniformada a cuio fronte ía un facineroso expulsado do Carlismo, Sixto de Borbón. E ao se achegar a esplanada do mosteiro, punto de partida pra rubir ao Montejurra, tratamos de lle impedir o paso cos bastóns que sempre levamos pra nos axudar polo empinado camiño cara á cumbre dese Cristo preto que preside o val de Estella. Un home con gabardina disparou coa súa pistola e feriu de morte a Ricardo, un dos compañeiros que alí estaban. Quen esto firma encontrábase a dez metros dos disparos, e viu como o pobre compañeiro se retorcía co disparo no ventre, mentres un axente do orde, un garda civil, permanecía impávido, sen escoitarnos a quen lle reclamabamos que disolvera a aquela xente, que para máis inri levaba a boina bermella. Mais o garda civil nin caso… pois tiña orde de non intervir.
Xa rubindo o monte, que non se ollaba pola brétema, facíamoslle compaña a S.A.R. Don Carlos Hugo de Borbón Parma, o noso líder, e máis ás irmás e a súa dona, S.A.R. Doña Irene de Holanda, a quen o ministro de Asuntos Exteriores, o conde de Motrico, avisara por medio da súa irmá a raíña de Holanda pra que non acudira á cita anual á que sempre asistía. Ou sexa, que o goberno de Adolfo Suárez, co ministro de Interior Fraga, non controlaba aos facinerosos que asasinaron a outro compañeiro, Aniano, xa case ao chegar a cima do monte santo da Tradición, e feriron con ametralladoras a varios compañeiros máis, aos que vimos pasar cando os baixaban polo estreito camiño: un cara a Estella, de onde era nativo, e outros cara ao hospital. Logo, xa na cidade que fora Corte dos reis carlistas, meu fillo Manuel (q.e.p.d.), e máis eu fumos detidos e levados a un cochambroso calabozo, sen motivo algún, ata que o tenente coronel da Garda Civil de Estella nos puxo en liberdade logo de interrogarnos.
A historia hai que contala e escribila, pra que non se volva a repetir. O TOP puxo aos asasinos en liberdade pola "súa bondade persoal, excelente conducta e hombría de bien", beneficiándose logo da amnistía de 1977. Eí queda a historia. Voltaremos de novo ao Montejurra pra lembrar aos que abriron camiños de liberdade, derramando o seu sangue pra que todos poidamos vivir en paz coa partitocracia que disfrutamos. Algo é algo!, máis o prezo foi moi grande.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago