José Ángel Vázquez Barquero
¿Por qué es oportuno incluir los tratamientos termales en el Sistema Nacional de Salud?
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Para nós foi unha honra, un privilexio, naquela data de abril de 1976 levar o seu cadaleito. Cada vez que atopo aquelas fotos daquel día, un se sinte especialmente orgulloso, e mesmo agradecido polo simbólico privilexio que un agarda ter merecido naquela lonxana data do seu pasamento. Os xornalistas de Galicia fixemos o último turno da condución do noso petrucio querido antes de que o tomaran os membros presentes da Real Academia Galega. Como xa teño contado, o traslado de Otero Pedrayo fíxose por turnos organizados polo profesor Ogando, dende a súa casa da rúa da Paz até a catedral. Nos turnos sucesivos interviron veciños de Trasalba, amigos varios e representacións de institucións coas que don Ramón tivera relación. Foi un traslado lento, pautado, paseniño, harmonioso, no que estaba representada a Galicia toda.
Se ollan detidamente a foto verán a cantos persoeiros notables daquel tempo aparecen na instantánea. Desde o doutor Conde Corbal ao que fora presidente da Xunta, o doutor Xerardo Fernández Albor; Valentin Paz-Andrade, o doutor García Sabell, o profesor Antón Fraguas. Era realmente un momento histórico. Tra-lo cadaleito camiñaban o resto dos membros da Real Academia Galega: Sebastián Martínez Risco, Marino Dónega, Xocas, Fernández del Riego e demáis académicos.
Chegando perto das portas da catedral, o profesor Ogando dispuxo que cargaramos o cadaleito de don Ramón os xornalistas presentes dos diversos medios de Galicia. Eu daquela xa me atopaba en Vigo, e tocoume ir diante co querido compañeiro de “La Región” Ellacuriga, e tras nós Pedro Gómez Antón, Dorzán e outros. Maribel Outeiriño camiñaba rente nosa. Tomaron o relevo final Antón Fraguas, Martínez Risco, Xocas e outros dous que non me lembro.
Pensaba eu naqueles momentos as veces que estivera na súa casa da rúa da Paz, escoitando e aprendendo daquel singular galego que tiñamos a honra de levar nos nosos ombreiros e que deixaba unha densa obra escrita e un proxecto pendente. Nunha das derradeiras ocasións que estiveramos falando, contoume que quería escribir un libro sobre Pardo de Cela, complexo e documentado, dadas as controversias sobre o personaxe. Xa teño contado de que ao dispor de quen queira, no Arquivo Sonoro de Galicia se atopan aquelas gravacións que eu lle fixen e gardei na miña etapa na radio ourensá, nas que son especialmente interesantes as mensaxes para as comunidades galegas de América.
Mais aparte de conserva-la súa voz, teño a sorte de posuír dedicados os seus libros daquel tempo,do que amoso unha proba. Parte dese tesouro que hei de pasar aos meus fillos e netos como herdanza máis valiosa. Entre aqueles documentos sonoros que se atopan no Arquivo Sonoro de Santiago tamén está a miña propia crónica radiofónica, na que o relato se aprecia marcado pola emoción que eu sentía naqueles intres realmente históricos. Posúo outro material valioso como unha colección de fotos de toda a condución desde diversas perspectivas e que xa teño facilitado para algún que outro libro. En fin, dá gusto compartir, logo de tanto tempo, 50 anos atrás, no que un estivo alí.
Cando o levaba pasaban pola miña mente tantas lembranzas daquelas tardes na súa casa escoitando e aprendendo. Nunha das últims verquera o seu humor o falar das suas doenzas, e se refería os “divertículos”, como uns trasgos burleiros que o estaban amolando. Logo soupen que se refería a unha serie de bolsas nas tripas que producen unha severa presión e que aparecen logo dos 40 anos. Don Ramón soportaba con humor aquel sufrimento. Din os especialistas que os que padecen esta doenza teñen que amoldar a ela o seu estilo de vida. Don Ramón seguíu facendo a súa e o único que lamentaba e que non poido rematar a prevista novela sobre Pardo de Cela. Nunha das máis memorables entrevistas lembro a sua opinión crítica sobre os bispos de Ourense doutro tempo e a súa preocupación polo uso do latín, que él quería ter presente no seu funeral por cregos que o souperan usar como se debe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Ángel Vázquez Barquero
¿Por qué es oportuno incluir los tratamientos termales en el Sistema Nacional de Salud?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Sus señorías comulgaron
Juan Luis Garbayo
DE TODO UN POCO
Una más
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
40 de mayo
Lo último
CURSOS DEL MINISTERIO
Exteriores inaugurará en Santander la IV edición del seminario “España en el Mundo”
VÍA PEATONAL Y CICLISTA
Un estudiante propone una nueva pasarela sobre el Miño