Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Está vostede enferma de amor, porque sofre a enfermidade do amor? Centrémonos! Estaba ollando a revista semanal, que adoito a ler ou ao menos revisar todas as semanas, e ao chegar ao artigo de Isabel Coixet chama a miña atención o titular: “Enamoramiento, cristalización y deterioro”. Conta Isabel que foi a entrevistar a parellas que pasaron máis de dez anos xuntos, separáronse e logo volveron a xuntarse…, e a pregunta que lles facía era “cómo había cambiado su idea de amor y si era posible enamorarse de la misma persona dos veces”.
Non pretendo, nin é a miña intención reproducir aquí o artigo, aínda considerándoo interesante. O que me invitou a escribir estas liñas é que sobre a metade do texto do referido artigo aparece a palabra que non suscitaba o meu interese, cecais por descoñecemento, acuñada “limerence” por unha psicóloga, Dorothy Tennov. De seguro que para os psicólogos resulta una palabra ben coñecida. Busco información máis dabondo e atopo que a palabra “Limerancia” –anglicismo derivado do inglés “Limerence”- significa “obsesión de ser amado”, e que este trastorno bautizouna así a psicóloga D. Tennov, despois de estudar e publicar os seus resultados no libro “Amor e Limerancia, a experiencia de estar enamorado”. A maiores, indica que existen dous factores que desencadenan a “limerancia”: 1) Xa sexa produto dunha forte amizade, ou por un enamoramento previo á persoa. 2) Obsesión, para o que non existen causas claras, factor tratado moitas veces como involuntario.
E eu contesto que xa non sei que pensar e dicir cada vez que escoita ao Presidente
Se nos atemos que a “limerancia” é un estado mental involuntario, resultado dunha atracción romántica por parte dunha persoa á outra, pois penso que ata na política, esa arte que todo o contamina cando se buscan excusas diante da falta de argumentos ou certezas, pode haber moito deste trastorno do que estamos a falar. E tal cousa a digo, xa que cando o 28 de abril, súbitamente padecemos o que xa se coñece como o gran apagamento xeral, ninguén nin ningunha autoridade política, nin técnicos nin a presidenta de Red Eléctrica de España (REE), saíron non só a tranquilizar, senón a explicar a situación ata pasadas media docena de horas. Vaia tempo de reacción! Primeiro o Presidente do Goberno, que deunos unhas recomendación baladís, na que destacaba que nos informáramos por medios oficiais para evitar bulos… En fin! Na casa do ferreiro coitelo de pao. Información acorde co seu amor polos españoles despois de anos.
Se no ano 1979 Dorothy Tennov deu a coñecer o termo “limerancia” para referirse ao amor obsesivo que dana a vida de quen o padece e á persoa que é obxecto do desexo, o Presidente Sánchez -xa está ben, xa lle chega-, que tanto amor padece polo conxunto dos españoles, e tan obsesivo en demostralo, a falta de argumentos, xa que, efectivamente, aínda hoxe non existen causas desa súbita escuridade -a pesares de estar no sistema eléctrico máis seguro do mundo, segundo presidenta de REE-, apela a un namoramento co conxunto dos españoles para o que lle peta; iso si, arrimando a ascua a súa sardiña para ir salvándose el. E dirán vostedes, se a paciencia chegoulles ata aquí, a este que escribe: Que ocorrencia tivo!. E eu contesto que xa non sei que pensar e dicir cada vez que escoita ao Presidente. Hai persoas, son consciente, que están namoradas políticamente do Presidente cada vez que sae a explicarnos calquera cousa. Como cando, no Covid, afirmou que se rexían por un comité de expertos do que non se podían dicir os nomes… e tal comité endexamais existiu. Hai que ter moito amor, moitos anos e moitas veces, ao Presidente, un verdadeiro “limerence”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior