Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O patrimonio da memoria
Límite: 48 horas” é unha película que o director estadounidense Walter Hill realizou en 1982 e que protagonizaron Nick Nolte e Eddie Murphy. Non está nada mal: ten os seus gags e sen máis pretensións ca pasar o tempo. Límite: 48 horas son tamén as que eu teño... para non erguerme do sofá. Tal como soa. Así, sen trampa nin cartón. É un deses retos que me impoño a min mesmo simplemente para saber se serei capaz de cumprilo ou non.
Estar no sofá 48 horas tampouco sería unha esaxeración: coa televisión enfronte e uns libros á beira, poderían resultar incluso amenas. Mais o meu reto non vai por aí. Vai polo lado contrario, pola outra banda... a de non facer absolutamente nada: nin televisión, nin lectura, nin rabo de gaitas. O desafío consiste en quedar quietiño e pensar -iso si- nos biosbardos ou nas ideas que vaian xurdindo por calquera recuncho do cerebro, ese territorio repartido entre a codia cerebral ou materia gris (onde se agocha a memoria a longo prazo), o lóbulo frontal (no que se sitúan os procesos de pensamento ou planificación) e o hipocampo (encargado da memoria a curto prazo).
Estas 48 horas semellan poucas, pero hai que atravesalas, hai que vivilas da maneira en que eu as vou vivir
Tampouco podo durmir durante esas 48 horas, nin comer, nin asubiar, nin cantar, moito menos bailar, nin tan sequera pechar os ollos. O que se adoita dicir: estar a velas vir e sen que pase absolutamente nada. Si teño a opción de escoitar, porque non me queda outra. Menos mal que, como tamén se dixo sempre: a palabras necias, oídos xordos.
Estas 48 horas semellan poucas, pero hai que atravesalas, hai que vivilas da maneira en que eu as vou vivir. Non é cousa dun día. Non, a verdade é que non: van ser dous. E aquí sigo, pois, firme no reto, entregado ó desafío.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
IES TABOADA CHIVITE Y CASTRO DE BARONCELI
Verín, una exitosa cantera de futuros geólogos
CONVOCATORIA ABIERTA
Becas para fomentar el talento joven y hacer futuro en Ourense