La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Galicia celebrou onte o tradicional día das Letras que cada 17 de maio recoñece o legado dunha figura da cultura galega, que nesta ocasión foi para a poesía popular oral, personificada nun grupo de mulleres cantareiras que coas suas músicas contribuiron a perpetuar a lingua transmitíndoa ás xeracións seguintes. Elas, orixinarias do rural, foron un dos soportes para que ese medio a acollera e transmitira a base de usala sen complexos nos tempos nos que non era doado.
Esta evolución negativa sostida no tempo debería preocupar a quenes teñen o deber e a obriga de velar pola salubridade da lingua galega e a cultura (sen língua propia a cultura galega será outra cousa).
E aí seguimos, a pesar de todo, se ben é certo que o galego ten vivido momentos mellores. Manifestamente mellores. Algo non se fai ben cando a costa abaixo pola que devala a língua de Galicia é alarmante para a sua pervivencia. En 2018, a comunidade de galegofalantes exclusivos aagrupaba a cerca de un de cada tres cidadáns (30,57%), en tanto que seis anos despois, en 2024, esa porcentaxe baixou ata o 24,37%, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística. Polo contrario, no mesmo periodo, a comunidade de uso exclusivo do casatelán pasou do 24,4% ata o 29,66. Dito de outra maneira: o bloque de persoas que falan so castelán ou que falan máis castelán representa o 53,77% da poboación maior de cinco anos, en tanto que quenes falan sempre en galego ou máis en galego que en castelán pasaron a representar o 46,23%.
Polo tanto, o castelán é xa a lingua maioritariamente utilizada dentro do territorio galego, con tendencia a incrementar cada vez máis esa vantaxe, dado que no sector de menores de 5 a 14 anos so o 7,04% falan sempre en galego (hai cinco anos eran o doble). Pola sua parte, no mesmo rango de idade falan so en castelán o 53 por cento. No mundo urbán, os castelanfalantes gañan por goleada: o 55,5% en Santiago (cidade na que se fala máis o galego); en Lugo, o 60,75%; en Ourense o 62,13%; en Pontevedra, o 76,83%; A Coruña, o 84,52%; e en Ferrol e Vigo en torno ao 86,5%.
Esta evolución negativa sostida no tempo debería preocupar a quenes teñen o deber e a obriga de velar pola salubridade da lingua galega e a cultura (sen língua propia a cultura galega será outra cousa). É obvio que o que se fai ata agora non basta e, polo que se ve, o sistema educativo non axuda, pois a estatística revela tamén que un de cada tres nenos de 3 a 14 anos dí saber falar pouco ou nada o galego, aínda que o entenden o 80%. Por enriba, cada vez son menos os fogares nos que o galego sexa de uso común. A pesar de todo, sexamos optimistas, aínda que a evidencia diga que a lingua esmorece.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último