Xabier Limia de Gardón
Lola Veiras e Isabell Seidel, a natureza como leitmotiv
Ámbalas son artistas que conviven coa natureza, que lles inflúe de xeito significado nas súas respectivas producións artísticas. A ela achéganse dende perspectivas opostas. É a base de Seidel a paisaxe como tema, seleccionada e buscada, con contrastes auga-vexetación-ceo, asentando o motivo cunha presenza saída do enxeño humano, tal unha ponte, unha construción ou unha pequena barca. Velaquí o ronsel da súa primeira fase entre nós, iniciada en 2014, centrada nas rúas e prazas de Ourense, cando xa vivía aquí, sistema que repetiu nalgunha sinalada vila provincial e mesmo o seu Lübeck, NE de Alemaña, onde nace (1980), a carón do mar Báltico: eis a omnipresencia arquitectónica urbana un xeito de atrapar os lugares e facelos seus dende as estruturas.
Agora resolve por vía de contraste, coa mancha dende enérxicas pinceladas con brocha, espátula ou pinceis, dende o acrílico que, por carácter, prefire polos rápidos resultados"
Era entón acuarela con liñas e perspectivas. Aos poucos anos, co movemento pendular dende a cidade a Quintás/Rouzós, Amoeiro, foise impoñendo a arquitectura natural da paisaxe de bocarribeira ás chairas de xuventude, explosión de luz e cor. Agora resolve por vía de contraste, coa mancha dende enérxicas pinceladas con brocha, espátula ou pinceis, dende o acrílico que, por carácter, prefire polos rápidos resultados. Son anos de práctica de acudir a numerosos concursos municipais pola xeografía galega, podéndose ver algunha destas obras no amplo corredor do piso de presidencia da Deputación Provincial, que acolle exposición tralo paso de Poldras e Leandro. A elo chegou por decantación do seu xeito de pintar ollando a natureza dende o cabalete, co espírito da pincelada solta, do impressionnisme, caso do premio das balconadas de Betanzos, 2026 dominado pola auga, que me fixo pensar en Circe e o pracer do azul de Begoña Caamaño.
En Lola Veiras (Bouzas/Vilamarín, 1951), o seu campo de interese remite ao título da obra de Henri Matisse Luxe, calme et volupté, 1904, que é en esencia a dunha viaxe por terras de lentura, fértil camiñar polo Ourense no que naceu, medrou e vive, de prantas, frores, ríos, regatos e pequenas fervenzas, o centro dun mundo que me lembra a Anna de Noailles de “Me apoyé en la belleza del mundo y sostuve el olor de las estaciones en mis manos”. E o mar na costa, entre as rochas, mais tamén a paisaxe dalgunha viaxe nas que a auga ábrese paso baixando polas rochas entre feraz vexetación. Óleo con pinceis e espátula, e o pracer intrínseco de ver medrar a obra. E logo vestíndoas co passpartout e o correspondente e axeitado marco. Unha mestría asentada nas composicións con hortensias, margaritas ou rosas que rebordan dun búcaro vermello cerámico, fragmento de vida fragrante, esplendoroso e efémero, para un salón. Ten unha traxectoria empresarial como xerente dunha empresa de interiorismo sendo pioneira do asociacionismo feminino, e unha das primeiras mulleres da directiva da CEO.
Reúne agora a súa pintura para a exposición outono/inverno no antigo COSAGA, acrónimo de Cooperativa Sanitaria de Galicia, hospital privado, de Recoletas Salud agora, empresa familiar vallisoletana, a invitación da Fundación Cum Laude, cuxas cabezas visibles son médicos. A esta retrospectiva que chisca o ollo dos pacientes sanitarios engádese a súa recente participación na colectiva EncontrARTE do centro comercial e ocio Ponte Vella. Seidel e Veiras, dúas xeracións arredor da natura naturata.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ELECCIONES 29-N
Rueda pide en Melide acabar con “ocho años de sanchismo”
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O horroroso crime de Sobrado do Bispo
VUELTA A LOS ENTRENOS
Ración doble para el COB
TRIUNFO DE PRESTIGIO
Remontada de pedigrí del Barco (2-1)