Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
¡BUONE VISIONE!
Hai películas que se fan case por inercia e outras por encargo. Existen proxectos ambiciosos pensados e repensados en despachos de grandes produtoras e que teñen como referentes as tendencias máis actuais do mercado. Ao igual hai filmes que nacen verdadeiramente dunha urxencia, da necesitade primaria de contar unha historia singular, que se alimentan coa vida e as experiencias. Nos anos oitenta, Cesare Zavattini, un dos pais do neorrealismo, lamentaba que a principal orixe da decadencia do cine italiano era o aburguesamento dos autores: “Os guionistas xa non saben escribir historias porque deixaron de coller o tranvía!”, contaba nunha entrevista.
O barcelonés Gegard Oms, que ten unha traxectoria como intérprete e coach de actores, chega por primeira vez á gran pantalla con Muy lejos, un proxecto moi persoal, sensible, cheo de vida, e protagonizado por un superlativo Mario Casas. Foi Casas que durante a rodaxe de No matarás (2020) convenceu ao seu coach en sacar adiante este filme. Oms tíñao aparcado nun caderno, nuns apuntes que escribiu no 2008, cando vivía en Holanda. En Muy lejos, o alter ego de Oms é Sergio, un incha do Espanyol que viaxa a Utrecht coa súa familia para asistir a un partido de fútbol. Antes de coller o voo de regreso a Barcelona, sofre un ataque de ansiedade e decide quedar en Holanda. A partir dese momento, ten que sobrevivir sen apenas diñeiro e sen falar o idioma local…
Aínda sendo unha ficción, Muy lejos é unha película que nace das experiencias vitais e reais do director. Consegue transmitir en todo momento - en cada encadre, en cada localización e diálogo - unha singularidade e unha sensibilidade imposible de atopar nunha película pensada e creada desde cero diante dun ordenador por uns experimentados autores ou uns consultores de marketing.
O relato de Sergio non só reflicte o proceso de autodescobrimento e a aceptación da homosexualidade do director. Consegue facerse universal porque é o relato de moitos mozos e mozas que emigraron desde España coa crise do 2008-2009 en busca de novas oportunidades no estranxeiro. Mario Casas, aínda sen case falar, encarna a soidade e o desconcerto dun individuo na procura desesperada de si mesmo e do seu espazo vital. Os encontros humanos que acaba tendo ao longo desta experiencia marcan o seu crecemento, as súas decisións e unha posible aceptación da súa verdadeira identidade.
Ao igual, os temas do racismo e da masculinidade tóxica están moi presente no filme. Os primeiros minutos son unha mostra da testosterona máis bruta e convencional, mentres os comentarios racistas son unha constante desde o principio ata o final do filme. E non é casualidade que o Espanyol sexa o equipo de referencia de Sergio – os inchas son abertamente de extrema dereita. Pero Muy lejos non é un filme con mensaxes políticos ou disertacións intelectuais. É unha película honesta, moi sensible e formalmente impecable. De momento, é a mellor película española de ficción estreada neste ano. Unha mágoa que teña unha distribución e unha visibilidade escasa, non conforme ao seu auténtico valor.
Este fin de semana llegan varios estrenos a los cines para todos los gustos. Entre las más esperadas está “El contable 2”, secuela protagonizada por Ben Affleck, donde el personaje Christian Wolff investiga el asesinato de un viejo conocido. También se estrena “Until Dawn”, una cinta de terror basada en el famoso videojuego, en la que un grupo de amigas revive una pesadilla con un asesino enmascarado. En tono más reflexivo, llega “The End”, un musical apocalíptico dirigido por Joshua Oppenheimer que muestra a una familia encerrada en un búnker tras el fin del mundo.
Desde México, “Sujo” relata la lucha de un joven que escapa de la violencia del narcotráfico para rehacer su vida. Y con un enfoque más misterioso, “La isla de los faisanes” investiga la aparición de un cadáver durante un intercambio de soberanía en esa isla fronteriza entre España y Francia.
Para el público familiar, “Moon, mi amigo panda” cuenta la amistad entre un niño y un panda en las montañas chinas. También se proyectan “Mi vida a lo grande”, una historia sobre autoestima y aceptación, y “Una noche en Zoópolis”, una divertida animación donde los animales de un zoo se transforman por un virus llegado del espacio
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia