Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Carlos Alcaraz, arenas movedizas y la mantícora serbia
ARTE ET ALIA
É esta unha mostra de fotos que ispe ao seu autor, pois nela amósanos o perímetro do seu mundo. Ante todo o do seu entorno, xentes coas que temos compartido miradas e tempos ourensás de noso, persoas que podemos ter coñecido, e tratado, pois moitas son dos nosos días. Máis a maxia do mirar de Santi Barreiros ao deter un casulo de tempo na nosa memoria dos anos oitenta, ou noventa, coa súa cámara, son sen dúbida unha alfaia. Para nós, que tratase daquela a Xosé Cid e lle interesase retratar a Xoaquín Lorenzo, o derradeiro da Xeración Nós, a Quessada e Acisclo, todos con primeiros planos, ou Virxilio, ten o seu aquel, que xa daquela eran dos consagrados, fronte aos novos artistas cos que compartía tempo, Huete, Xoan Torres, Xavier Cuíñas, Miguel Karballo, Xosé Vilamoure, Jesús Costa ou Pastor Outeiral, con quen fixo exposición en Xunqueira de Espadanedo en 1994. Huellas, titularana.
Ou escritores. Chesi (JºMª Pérez), falecido polo Nadal, cunha foto de pose para un libro, Manolo Guede, e Chus Pato, premio nacional de poesía 2024 e poeta de culto. Logo está Nito Contreras, que aparece en tres fotos. El e Giana Pizzi, súa dona, acollérono cando vai vivir en Roma. Logo farían exposicións na Visol e Allariz, até a Overtaz, 2023, no Campus, mais Nito, seu irmau de confidencias, ía naquel intre polo río en Vigo, onde vive a mar, “que es el morir”, como dixera o cabaleiro-poeta medieval. Lembralo -lembrándoo- e ir na contra das augas do Lethes /Limia/Lima, tan de nós...
Santi cultiva un amplo abano temático ao longo da súa vida profesional por vivir da fotografía, o alimenticio dos mundos da moda, vodas e interiorismo, e a liberdade creativa das exposicións.
Barreiros (Ourense, 1950), busca agora con Read /me. (léeme), e fotos de tamaño medio, unha linguaxe de proximidade, caso distinto dos Retratos dun tempo da plástica galega seu de Xulio Gil, quen utilizou un canon sobranceiro naquela recente mostra da sala d’Afundación. Santi cultiva un amplo abano temático ao longo da súa vida profesional por vivir da fotografía, o alimenticio dos mundos da moda, vodas e interiorismo, e a liberdade creativa das exposicións. A última con temática aberta á natureza, e antes con Nito as foto-esculturas land art no Campus. Con Vistas al mar, nas paredes do hospital Santa María Nai, salas de cancro, vese o seu studium ao modo Barthes, que o artista busca, e tamén o punctum, fóra do seu control, máis alá dos lacrimais...
Ten publicado libros dende 1993, sendo “Entrambosríos, unha aldea da Ribeira sacra ourensá”, o máis recente. De sentir etnográfico eis o ciclo anual coa familia protagonista coa que conviviu, dende a inicial acollida improvisada que se foi facendo cotiá, obra que transpira emoción arredor coas árbores, nas que non esquece o castaño rei do souto, recollido no catálogo das senlleiras. Varios dos retratos están na sala do CCMV da deputación ourensá, comezando co Manolo. Outras das virtudes da exposición é a de acharmos nun mundo coñecido, dende a paisanaxe ás fotos de viaxes, algunhas nas rotas turísticas, como Lisboa e Perú; a dos pescadores en Gambia recolle un lance onde se xogou a vida, e na de Vietnam das capas, chea de picardía, que o anónimo cristaleiro refugaba as fotos...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Carlos Alcaraz, arenas movedizas y la mantícora serbia
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Look at them (míralas), fotos con alma de Santi Barreiros
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Sí, estamos frustrados
Sara Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
Despido disciplinario por incumprir a “pausa para o bocadillo”
Lo último