Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
DIARIO LEGAL
O Tribunal Superior de Xustiza da Rioja (TSX), a través da sua Sentenza 65/2025 de 29 de maio, declarou procedente o despido dun traballador que se negou en reiteradas ocasións a realizar a pausa de quince minutos de descanso no traballo, coa finalidade de reducir a sua xornada e saír antes da hora establecida.
Segundo os feitos probados, o traballador, do sector da siderurxia, levaba prestando servizos para a empresa, a tempo completo, dende o ano 2002. Todo transcurriu con normalidade ata que o traballador comunicou á empresa a sua disconformidade con ter que “devolver” os quince minutos de descanso diario- ao non considerar a empresa que este tempo era tempo efectivo de traballo, en relación ao acordo acadado entre os sindicatos e a empresa sobre a consideración destos tempos.
Debemos recordar que o artigo 34 do Estatuto dos Traballadores/as establece que sempre que a duración da xornada diaria exceda de seis horas, deberá establecerse un período de descanso durante a mesma de duración non inferior a quince minutos e que, este tempo de descanso, considerarase tempo de traballo efectivo cando así o establezca o convenio colectivo ou contrato de traballo. Neste caso, nin o convenio nin o contrato consideraban a pausa diaria como tempo efectivo, polo que ese tempo debía de ser recuperado polo traballador.
Debemos recordar que o artigo 34 do Estatuto dos Traballadores/as establece que sempre que a duración da xornada diaria exceda de seis horas, deberá establecerse un período de descanso durante a mesma de duración non inferior a quince minutos e que, este tempo de descanso, considerarase tempo de traballo efectivo cando así o establezca o convenio colectivo
A pesar de elo, decidiu unilateralmente non realizar a pausa diaria de quince minutos e concluir a sua xornada antes do previsto, conducta que orixinou varias advertencias formáis, chegando incluso a sancionalo por estos feitos.
O Tribunal recalca que o traballador non estaba autorizado a non realizar o descanso obrigatorio diario nin tampouco a desligarse das normas da organización, polo que consideran que o comportamento do traballador supón o quebrantamento da disciplina laboral, agravado, pola súa reincidencia a pesar de haber sido advertido, amonestado e sancionado en varias ocasións.
Asimesmo, o Tribunal rexeita que a inexistencia dun perxuicio económico directo para a empresa, atenúe a gravidade da conducta, ao concluir que non pode permitirse que un traballador de maneira unilateral delimite os seus dereitos sobre o tempo efectivo de traballo ou sobre as pausas obrigatorias, xerando un agravio comparativo para o resto da plantilla, ademáis de que entende que esa pausa, se incardina na normativa de prevención de riscos laboráis ao preverse precisamente para preservar a saúde e a seguridade no traballo, expoñendo á empresa a posibles sancións.
Por todo elo, o TSX da Rioja, avala o despido do traballador, dada a persistencia no abandono do posto de traballo anticipadamente durante nove días seguidos, considerando falta moi grave, que xustifica a decisión empresarial, ao haber sido sancionado por esos mesmos feitos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ahorro ourensano, ¿economía saneada o estancada?
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tartufo
Berto Manso
LA OPINIÓN
Misión cumplida
Lo último
REAL DECRETO-LEY
Luz verde a un copago más progresivo de las medicinas
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 13 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 13 de mayo