Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Vida de una trabajadora en una fábrica conservera
Aqueles que miran para atrás atópanse con sorpresas incribles, non dan creto do que observan, do que ven e do que miran. Sorpréndense do que pasou e do que viviron, non teñen palabras para explicalo, non son quen de entendelo, aínda que insisten en que o mellor está por vir. Quen sabe? Aquel mozo galán ou aquela moza fermosa, onde estarán? Cando e de onde virán, se é que volven? Os tempos pasados xa foron e deles moito se poido e se pode aprender. Aprender da experiencia e das vivencias. Aprender dos que saben, dos que aman e dos que queren que o mundo sexa, canto antes, outra cousa. A vostede, amiga lectora, que lle parece?
Dixemos lectora coa seguridade de que as mulleres son seguras, críticas e analíticas diante do texto e diante da vida, do pasado e do futuro. Quen pasou toda a súa vida rodeado e querido por algunhas mulleres, a nai, a muller e as fillas, as irmáns, as avoas, tías e primas, as veciñas e as compañeiras ten razóns impresas no corazón, cun buril de amor e aprecio que non se enferruxará nunca. Nunca xamais!
Xa non sei que ía dicir! Ah! Si, quería falar das palabras de Miguel Delibes Setién, ese novelista, de tanto nome e renome, que naceu e morreu en Valladolid (1920-2010) e que aseguraba que el non foi tanto como foron os personaxes que creou, recreou e representou nas súas novelas. Ese narrador que andaba detrás das palabras e do seu significado, porque “son home de palabras, máis que de letras”. Ese magnífico escritor e académico da Real Academia Española, na cadeira do “e”, dende onde anunciaba para quen quixera escoitar que “a miña é novela de perdedores, de seres humillados e ofendidos, pobres e marxinados do mundo irracional”.
As boas palabras como as de Delibes, cando acompañan ás obras boas, son aínda mellores. E, non importa a cantidade. Como dicía Quevedo, unha palabra vale por moitas e “moitas non valen por unha”. A Tía Manuela recoñece e aplaude o traballo dos académicos e, xa que logo, da Academia e o valor incuestionable da palabra e das palabras. “A palabra, coas palabras que sexan e apertando as mans, era unha escritura, un sinal evidente da conclusión do trato amigable e feito”. Sería conveniente recuperar algúns dos valores esquecidos, entre eles, o valor da “palabra dada”, evidencia e afirmación do acordado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Vida de una trabajadora en una fábrica conservera
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El talento que se queda
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Olvidar el gozo de escribir en tiempos de la IA
Editorial
EDITORIAL
Ni más corrupción ni más indecencia
Lo último
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado
SIN RESPUESTA A TRATAMIENTOS
El brote de ébola en la República Democrática del Congo supera los 200 muertos y preocupa por su posible expansión
SENDERISMO POR LA NATURALEZA
Los 5 mejores miradores del Cañón del Sil en Ourense para visitar en primavera