Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Os datos indican que a poboación fumadora aumentou nos últimos anos, igual que aumentou o consumo de tabaco entre os máis novos, tal como demostra a Enquisa de Alcohol e Drogas en España. Parece difícil de entender, pero a realidade é crúa e dura, non ten piedade nin xeito nin dereito. A realidade é que o tabaco mata, mata a milleiros de homes e mulleres en cada instante. O seu fume é como o sulfato que deixa sen respiro aos que levan o cigarro á boca e aos que están ao seu lado. Pero a droga máis consumida segue sendo o alcohol, a pesar de que nos últimos anos baixou e moitos dos consumidores queren definitivamente deixalo.
Os homes consumen máis alcohol, tabaco, cannabis e cocaína que as mulleres, que son máis dadas aos hipnosedantes e analxésicos opiáceos, pero, co paso dos anos, obsérvase a tendencia á igualdade de xénero. O risco percibido diante da maioría das drogas aumenta considerablemente, aínda que máis nas mulleres que nos homes, sendo o alcohol das que se perciben como menos perigosas. Quen sabe? É cousa da educación, evidentemente. Cómpre pois, reforzar o coñecemento sobre os prexuízos daquelas sustancias perigosas, espallalo e poñelo ao servizo da sociedade enteira, dos fumadores e dos que xa non fuman.
Os propios estanqueiros, uns dos moitos que viven do negocio do tabaco, resaltan a importancia que ten este produto na economía do Estado e, segundo os datos proporcionados por Analistas Financeiros Internacionais (AFI) para a Mesa do Tabaco, a cadea de valor deste produto tóxico, dende o cultivo ao punto de venda, xera un impacto económico que anda polos tres mil douscentos millóns de euros do valor engadido bruto na economía do Estado Español, un 0,3 % do produto interior bruto.
A recadación fiscal polo tabaco supera os nove mil millóns de euros, cada ano, e o sector proporciona uns cincuenta mil postos de traballo, cerca de trinta mil son nos máis de trece mil douscentos estancos espallados pola xeografía, de Norte a Sur e de Este a Oeste. Mentres os fumadores aguanten, o negocio resiste e segue fumegando con sustancias nocivas e perigosas para a vida. Neste caso, amigos lectores, a Tía Manuela ten razón: a saúde debe ser o primeiro, antes que os outros intereses todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último