La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Mentres unhas andan encerelladas en campañas electorais interminables e con resultados incertos, os montes de Galicia florecen como sempre floreceron por este tempo de primavera. Aos toxos dá xenio velos, amarelos e fermosos, tanto os arnais como os gateños ou os toxos femia. As chorimas esténdense polas beiras dos camiños, polas marxes dos carreiros e polos montes de arriba a abaixo, por onde andan as abellas, as reinas e as obreiras, buscando aquel tipo de toxo e toxeira en flor, cada un na súa época.
A flor do toxo fai mel saboroso e, tomada en infusión, seica é remedio para as doenzas do fígado. O señor Modesto da Piorneda rozaba os toxos para o estrume e apañaba, e gardaba como ouro en pano, unha cesta de flores para coidar da saúde dos seus e das vacas súas. E, a raíz? A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrincare/ e os amoriños primeiros,/ son moi malos de olvidare, como tantas veces cantou A Roda. Paralelismo parcial entre o amor e a toxeira, coas súas enormes diferencias entre a tenrura e a multitude de espiñas grosas e delgadas, que poden cravarse na barriga, no peito ou na cara.
O toxo é un arbusto do que saen flores e pugas aguzadas, apropiado para un roto e para un descosido, válido para facerlles o leito aos animais da casa e/ou para escorrentar a bicharada, para que saian tódolos bichos correndo e non volvan. Tamén serven para alimentar ao cabalo, para marcar o carácter de calquera, para que moitos queiran ser e sexan como toxos. Aínda así, o poeta mindoniense, Antonio Noriega Varela, aloumiñaba cos seus versos a esta planta e ás súas flores marelas: As floriñas dos toxos./ Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!/ Eu venero as floriñas dos toxos.
Así é, os amantes da natureza, de calquera profesión e procedencia, son protectores dos toxos. E, Galicia é o país onde hai máis, é o lugar onde o monte, coas súas mil cores, dobrega as espiñas, amoléceas e fainas servir. Dio moi ben a Tía Manuela, “temos un país de toxos e flores, en convivencia con xestas e carrachas”.
Temos un lugar de convivencia espléndida e debemos procurar manter a harmonía entre o noso patrimonio e o noso ser, para que os outros nos comprendan, se queren. Para que nos entendan e para entendernos entre todos, precisamente nestes tempos, nos que hai que conxugar a dozura do mel de uz e de toxo con milleiros de amarguras, propias e foráneas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último