Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La función del voto
A relación entre a saúde e a economía é evidente. A covid-19 demóstrao con clareza, os poderes económicos mundiais sábeno ben e ben que se aproveitan de facer negocio co mal, con esta enfermidade e coas outras. O laboratorio que anunciou, recentemente, resultados esperanzadores dos seus estudios clínicos en persoas con alzhéimer agrandou, cerca dun nove por cento, o valor das súas accións.
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) a enfermidade de alzhéimer é a forma máis frecuente de demencia, con cerca do setenta por cento dos casos. Os datos ensombrecen a memoria dos sans: no mundo hai cincuenta millóns de persoas que padecen demencia e, de seguir así, en 2050 serán máis de cento cincuenta millóns.
Perder a memoria é como perder a cabeza e ¨quen perde a cabeza, como di a Tía Manuela, pérdeo todo”. Os políticos, non. Algúns non lembran como se chama o lugar onde están alardeando arrogantemente do seu poder, esquecen o que dixeron, coa mesma arrogancia, onte ou antonte e son incapaces de entender e comprender que os atentos e curiosos espectadores manteñen a capacidade de pensar, o xuízo, o dereito a votar libremente e o dereito a desprezar o seu teatro.
Os políticos son outra cousa. O escritor mexicano Marco Aurelio Almazán, di que son aqueles que pretenden impedir que a xente se preocupe polo que verdadeiramente lle interesa, son actores que aloumiñan a mentira cando queren ocultar a realidade. E, aí está. Un informe da OMS apunta que o custe anual da demencia a nivel mundial supera os 692.639 millóns de Euros, sen contar os desgustos e os pesares das familias, e sen ter en conta os esquecementos voluntarios ou os cambios bruscos de pareceres ou de interpretacións.
Os logros para deter esta enfermidade avanzan lentamente e dependen do facer da ciencia, da economía e da política. Cómpre que os gobernos traballen con intensidade para harmonizar a actividade desenvolvida polas autoridades de saúde e asistencia social, os profesionais da medicina, os investigadores e as organizacións da sociedade civil, tratando de mellorar a inversión en investigación e liberar á humanidade dos ataques das enfermidades perigosas. Para acadar este obxectivo é conveniente ter convencemento de que coa saúde non se xoga nin se negocia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La función del voto
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Cuidado con Pedro
Manuel Orío
RECORTES
Veraz, coherente y honesto
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Pensando nun futuro mellor
Lo último