CRÓNICAS DE INVIERNO
Esta noche dejamos atrás el Mississippi
Axente de antes non coñecía o Facebook, YouTube, WhatsApp, Instagram, Twitter nin LinkedIn, comunicábase a través doutros medios máis lentos pero tan eficaces como estas modernas redes sociais, sen as que moita xente, nos tempos novos, non podería vivir. Enumeramos algunhas, pero a listaxe é enorme e cada unha delas procura ser a primeira, a de máis usuarios, a de máis e mellor servizo, a necesaria. Fotos instantáneas a moreas en cada teléfono dos milleiros de millóns de usuarios da telefonía móbil, información de todo tipo, contrastada e sen contrastar, certa ou non, en cada instante de tódolos días.
Esta rapidez na transmisión da información fainos vivir en directo tódolos acontecemento mundiais, obriga a andar á présa, apresuradamente por onde queira que sexa, con axilidade nos pés e coa cabeza esperta. Obriga a vivir en círculo, nese que crean os que promoven e moven cada unha das redes sociais. Lamentablemente, poida que os dunha roda non saiban nada dos que andan seguindo a outra. Estamos, pois, en tempos borrosos, con moita e con nada información ao mesmo tempo.
Moitas das persoas que coñecen calquera de vostedes, non falan ou falan soas. Quen o diría?, “Margarita ía pola beirarrúa falando e aquel señor de polo albelo tropezou outra vez coa mesma farola”. O que camiñaba detrás, tropezou nel e os dous pararon no chan da rúa, caladiños, mentres os integrantes dun grupo de turistas cos cascos nas orellas, retrataron o sucedido e, nuns minutos, antes de que se incorporaran os caídos, á casa dun deles chegaba a foto que enviaba o seu fillo Francisco dende Osaka.
Noutros tempos era imposible. A comunicación era máis demorada. Unha postal procedente do estranxeiro tardaba meses en chegar a Madrid e varios días ou semanas, dende Madrid ao seu destino en calquera punto de Galicia. Aínda así, a carta postal foi como a revolución no sistema de comunicacións na segunda metade do século XIX. A primeira tarxeta postal, sen foto, é de 1869. Imprimiuse en Austria e estendeuse rapidamente por toda Europa, chegando aquí un par de anos despois. A Tía Manuela lembra con nostalxia a época das postais e festexa con ledicia a rapidez das redes socias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE INVIERNO
Esta noche dejamos atrás el Mississippi
Jorge Ron
LA OPINIÓN
Deciden los que saben
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
La femme
Rafael Torres
Los papeles del golpe
Lo último
VIOLENCIA VICARIA
Agredía a su hija e insultaba a su mujer: fue condenado en Ourense
CRECEN LA DEMENCIA Y ACCIDENTES DOMÉSTICOS
El cáncer es ya primera causa de mortalidad de los hombres en Ourense
PROFESIONALES DE TODA ESPAÑA
Vivir más, vivir mejor: expertos contra el reto del dolor oncológico en Ourense
PRIMERA RFEF
Ourense CF-Arenteiro, el derbi de los enrabietados