La Región
Una desregulación histórica que ya se nota en Galicia
Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugo chegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos da Mariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara xabreira ou pouco sollía. Estaban pechadas para os fillos dos mariñeiros e dos labradores, para tódolos fillos dos traballadores. Daquela eran outros tempos, difíciles, duros e de loita constante contra a fame e as inxustizas.
A mocidade traballaba e axudaba. Escoitaba o falar dos vellos e aprendía. Aprendía na escola unitaria. Cada un deles, dos rapaces e rapazas, adoraba á mestra que lle ensinaba e todos, con boa nota, resolvían aquel Ingreso e ingresaban en primeiro de bacharelato, para moitos deles, estudar por libre. Outros estaban internos no Seminario, vendo pasar e contando as sotanas.
No Instituto de Lugo había varios referentes, referentes daquela e, aínda, de hoxe. Eran profesoras e profesores de inmensa bonhomía, de sabedoría contrastada, de alta capacidade intelectual e coas chaves do futuro nas mans para abrir sempre, e cada día, as portas do saber, para ensinar contidos e valores, respecto e compromiso.
Don Xesús Alonso Montero era un destes baluartes defensivos para os fillos dos humildes, era o refuxio para acubillarse todos aqueles que querían un mundo diferente e unha sociedade sen diferencias pola procedencia dos seus integrantes. Era un bastión para a defensa da igualdade plena entre os homes e as mulleres do mundo, sen razas, sen cores, sen clases e coas mesmas posibilidades de acceder á formación, á ciencia e ao coñecemento.
Era así o profesor e así segue hoxe. Un intelectual brillante, capaz de seguir coa revolución necesaria, un mestre do que ninguén pode esquecerse, un infatigable servidor público que dedicou e dedica a súa vida á creación e propagación do coñecemento. Un sabio ao que moito lle debe a intelectualidade, a cultura e a poboación galega.
Para renderlle homenaxe e recoñecemento, o vindeiro venres estará en Lugo, no IES que foi seu e agora é Lucus Augusti. Alí, con el, estarán compañeiros, alumnos, amigos e, como di a Tía Manuela, “será unha festa da palabra musicada, falada ou calada, con todo o simbolismo, a autoridade e a forza que outorga a gratitude”. Grazas, mestre!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
"ICONO" SANITARIO
Ribadavia, punto de partida de la nueva medicina rural
CLASES FUERA DEL AULA
El CPI de Castro Caldelas llevó su aula a Santiago
RECONOCIMIENTO EUROPEO
La música de Santa Cristina cruza fronteras