Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
A la inteligencia artificial se le ve el plumero
Son o presente, o futuro e o porvir, son os nenos, os cativos, meniños, pequenos brillantes na casa e fóra dela, confinados positivos, obedientes, cumpridores e soñadores rapaces. Picariños nosos, que pensades? Alguén dixo nalgunha ocasión que a posibilidade de cumprir un soño é un motivo suficiente para que a vida sexa máis interesante. Máis, aínda. Xa que logo non deixedes de soñar nunca e imaxinade que algún día tódolos nenos do mundo poderán ser felices e teren as mesmas oportunidades.
En vós, meniños, nenos e nenas de Galicia e de fóra dela, poñemos a nosa esperanza os que xa fomos nenos algún día, noutros tempos, mellores ou peores, diferentes. Como diferente será mañá. Ou non? En todo caso non debemos esquecer que se manteñen, por agora e sine díe, intactas e incólumes as desigualdades. Enormes desigualdades que matan a moitos nenos, a moitas persoas novas, de mediana idade, maiores e máis maiores.
Un informe da ONU, presentado en setembro de 2019, indicaba que, naquel momento, a mortalidade maternoinfantil era menor ca nunca, reducíndose de modo importante nos últimos dezaoito anos. Aínda así, ao parecer en 2018, morreron seis millóns douscentos mil nenos menores de quince anos (máis de cinco millóns, nos primeiros cinco anos de vida) e cerca de trescentas mil mulleres morreron, en 2017, por mor de complicacións durante o embarazo e o parto.
As maioría das mortes destes nenos débense a enfermidades infecciosas como a pneumonía, a diarrea e o paludismo. Para erradicar estas enfermidades, cómpre implementar remedios sociais, como a igualdade entre homes e pobos, a solidariedade, o respecto aos outros, sexan de onde sexan; a formación e o acceso aos alimentos e a auga potable, intentando avanzar na detención e erradicación desa enorme pandemia da desnutrición infantil, que igualmente mata.
Din que no mundo hai poderosos que o poden todo. Pois, ben deberían poñer os medios para matar á fame, para facer xustiza, para construír escolas, para fortalecer os sistemas sanitarios dos ricos e dos pobres, para deixar que os nenos medren, coman, beban e gocen deste mundo e do que soñan. Como di a Tía Manuela, “para que quererán tanto poder e, se é o caso, tanta riqueza”. Vós, que pensades?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
A la inteligencia artificial se le ve el plumero
Lalo Pavón
O AFIADOR
A educación na política
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Macronials
Fernando Jáuregui
La noticia más importante no está en las portadas
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Ingratitud palmaria
PRUEBA DE ACCESO A LA UNIVERSIDAD
Libros a medida con firma ourensana para olvidar el caos de apuntes en selectividad