Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Os expertos reúnense e falan, discuten e prometen, pero nada, nada de nada. Todo queda igual ou algo peor. Tanto que se trate do deporte, como do Medio Ambiente, da educación ou da música. Como queira que sexa, o cambio climático está aí, dando sinais permanentes da súa existencia e do seu afán de continuar cambiando, para ben ou para mal. Os sinais son ben visibles, incluso para os que non queren velos, son visibles e, en moitas ocasións, son sorprendentes e luminosos.
Todo cambia, miñas amigas, cambia o tempo, cambia a xente, as modas, os modos de aprender, as formas de ser; cambian os gustos, os edificios, as estradas, as formas de andar e de transportar mercancías; cambiamos nós e cambian os políticos. Todo cambia e eles tamén, cando non son quen de conseguir o perseguido, cambian de ruta, de mensaxe e, se é preciso, de obxectivos.
E, que lle queres? Se todo vai, aínda que non sexa de todo ben, parabéns! Todos sabemos que, como dicía Ernesto Sábato, aquel permanente inconformista que foi de ciencias e de letras, “as cousas, os homes e os meniños non volven ser o que foron un día” e a historia non dirá nada, ou si? A historia, compañeiros e compañeiras de viaxe, está supeditada á liberdade das persoas para interpretala e, se é o caso, para transformala e reescribila.
Que dirá a historia do cambio climático? E do deterioro do Medio Ambiente? Que dirá? A historia e nós mesmos diremos o que entendemos ou, polo contrario, calaremos. Entraremos nunha situación de todos caladiños e quedos ata que a nada sexa nada e os homes e mulleres desta terra nosa saiban, e non esquezan nunca máis, que temos obriga de coidar e protexer a terra na que, e da que, vivimos. Estamos atados, por convencemento, razón e obrigación, á idea de que a terra merece o respecto de todos, incluso, dos que máis razoan, daqueles que se achegan con seguridade plena ao que fomos, ao que somos e ao que seremos.
En andares como estes, con conclusións como estas, en fin... En lerias diste tipo, parece mellor non meterse, agardar que o cambio veña para ben de todos ou, cando menos, ao gusto da ampla maioría. A Tía Manuela moi ben o dicía, “o futuro está no cambio, alí onde debemos seguir cambiando”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último