Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Eran salvaxes mamíferos da familia dos súidos, co corpo cuberto de sedas mestas e fortes, con cor escura, entre gris e negra, raxada, e cuns canteiros con ángulos cortantes na parte superior da boca que meten medo a quen os vexa. Son os xabarís que agora andan tranquilamente polas praias do Sur, polos campus universitarios ou polos xardíns das ourelas das cidades e vilas. Son porcos bravos que resisten ás batidas dos cazadores, que xa se acostumaron ao falar da xente e que conviven coa cidadanía de forma respectuosa e tranquila.
Dominan grandes áreas xeográficas do mundo, en Asia, África, América, Australia e en Europa, onde nos últimos anos aumentaron considerablemente, repoboando zonas onde desapareceran, como Inglaterra, Finlandia ou Suecia. E, aquí tamén, os xabarís baixaron polas ladeiras dos montes ata os prados do val, ata os soutos e as leiras traballadas e sementadas. Baixaron os xabarís, criaron e quedáronse. Xa forman parte da paisaxe, son como animadores do ambiente, como amigos domesticados e perfectamente adaptados. Gústalles a altura e a beiramar, os terreos forestais e as periferias urbanas.
A súa continuada presenza obrigou a modificar a lei de caza para que as batidas de homes e cans poidan ser máis frecuentes, mentres un grupo de defensores dos animais crea unha plataforma pola defensa do xabaril, tratando de “fomentar unha conciencia e convivencia ética da sociedade coa fauna silvestre”. Xa está! Os xabarís, no centro da discusión, ao marxe da ética ambiental que, como parece obvio, é cousa das sociedades humanas, as que deben manter unha posición de coidado e respecto á natureza, a todas as especies biolóxicas, e desenvolver mecanismos que, naturalmente, satisfagan as necesidades dos seus integrantes.
Para neutralizar a polémica, a Tía Manuela teno claro, “a natureza e a intelixencia transmiten a mesma mensaxe” e, como dicía Aristóteles, “a natureza non fai nada incompleto nin nada en vano”. Respecto, volve ser a palabra. Respecto á bioloxía, ao medio ambiente, á natureza, á saúde, ao benestar social, ao lobo que come ao xabaril e aos xabarís que estorroan a campaza, o prado e a leira, que de contado petan na porta ou xa entran directamente na despensa da casa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere un joven motorista tras chocar contra un muro en Vilalba
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 11 de julio?