Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El olvidado Ourense
Ela é Nieves Neira Roca, unha colega xornalista que anda neste mundo das novas, no da literatura, da arte e da montaña. No mundo desas montañas de Galicia que gardan verdadeiros tesouros enterrados na terra, na memoria e nas propias entrañas. Recita versos, escribe e relata historias que forman arte e son parte da historia nosa, desta Galicia que se estendeu cos seu lares polas serras, montañas e vales desta minúscula nación de entre mares.
En marzo de 2019, publica no xornal unha reportaxe sobre unha súa tía avoa, Maruja Roca, a retratista que foi testemuña de que as mulleres podían e debían vivir nun mundo de respecto á igualdade entre homes e mulleres, sen esperar moito tempo, sen dubidar de que os valores da humanidade teñen que estar repartidos en por igual. Da mesma forma que deben estar repartidos equitativamente, o traballo e as ganancias.
Maruja Roca Calvo naceu a principios da segunda década do século pasado. Era filla de Antonio e Manuela e -segundo conta a xornalista- “aló polos anos 40 foi casar a Becerreá”, e dende entón viviu nunha “casa de moito nome e renome” sen cartos. Ela tiña unha máquina de fotos, aprendeu a revelar e fíxose fotógrafa para retratar a realidade da montaña, para facerlles fotos aos xateiros ou becerreiros, aos máis pobres e aos máis ricos do lugar e dos visitantes que non perdían día de feira. O 3 e o 19 de cada mes congregábase na vila unha multitude de xente procedente dos concellos da montaña, incluídos moitos de León e de Asturias.
Era a feira, como tódalas de Galicia, un lugar de encontro, de transacción e de múltiples e diversas operacións de cambio. Incluso de intercambio, de contraste de pareceres; un foro para o debate, para falar, para agradecer ou convidar e, tamén, para mocear, daquela, nos anos corenta e cincuenta do século vinte, cando os lugares da Galicia interior tiñan os censos de poboación sen espazo e as casas abarrotadas de xente disposta para emigrar.
Agora, neste inverno, que está a punto de rematar, aCentral Folque publica o libro “O feitizo de Maruja Roca”, de Nieves Neira Roca e Eutropio Rodríguez (editor) e así queda constancia, como indica CulturaGalega.gal, de que “a descuberta do traballo desta fotógrafa de Becerreá revolve a historia da fotografía galega”. Recordar estas cousas é saúde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El olvidado Ourense
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Estrías do tempo
INCUMPLIMIENTO DE LAS NORMAS
Las inquiokupaciones en Ourense
LIBERTAD DE EXPRESIÓN
El peligroso miedo a decir lo que se piensa
Lo último
RALENTIZACIÓN DEL MERCADO
El alto precio de la vivienda baja las operaciones de venta
"BOICOTEAR" LA INVESTIGACIÓN
El fiscal pide 15 años para el exministro de Rajoy Fernández Díaz por la Kitchen