Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Perdido en el puerto
Onde acaba o mar, que hai? Terra, mar e aire; xente de ben, coa pel curtida de cor negra ou branca. Xente coma nós coa mirada triste e coa alegría de vivir saíndo dos seus ollos e dos corazóns. Despois do mar e no mar hai vida e morte, contaminación, polución, lixo a barullo, a esgalla; plástico a moreas e peixes de cores, ben saborosos moitos deles. Hai homes e mulleres que traballan, rin e sofren, choran e andan na procura dunha vida mellor e diferente para os seus fillos. Son homes e mulleres que falan distinto, pero que cantan como cando nós cantamos, e bailan e danzan, estudan e non paran, traballan, compran, venden e intercambian, como se tal fora. Sempre hai un lugar despois do mar ou un chalé de alguén que burlou a lei de costas.
En Galicia podemos falar con moita propiedade do mar e dos mares. Milleiros de persoas viven en zonas litorais. Temos pescadores de tódolos tipos, barcos grandes e pequenos, lonxas, miradoiros panorámicos, praias saudables e montes que as bican, paseos e rutas de sendeirismo, variedades arbóreas autóctonas, pobos pequenos, vilas pequenas e grandes, cidades. Temos a inmensidade do mar para andar e navegar, para cruzar e, a poder ser, volver.
Debemos prestar atención e temos que protexer e conservar o patrimonio cultural e natural do litoral, con tódolos seus elementos, coas súas diversas e fermosas paisaxes. É cousa de todos, tamén dos que andan facendo política e dos que, sen reparos, miran para outro lado ou unicamente para a súa barriga. Temos en Galicia algo máis de dous mil cincocentos quilómetros de costa, incluíndo as illas, as marismas e o perímetro costeiro de Lugo, de Coruña e de Pontevedra.
E, temos na memoria, cravados nos recordos, os talleres de carpintería de ribeira e os estaleiros que se foron e seguen marchando, deixando unha profunda pegada, como a de Alcoa, unha mancha que luxa á sociedade enteira. Embarrancan barcos con cargas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Unidad Editorial mantiene el liderazgo en prensa nacional con más de 1.530.000 lectores
RUTA TURÍSTICA
La Motoxeada tomó los viales de Valdeorras
PREFERENTE
El Antela, a seguir fuerte