Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Federico de Portela falaba da responsabilidade, da bonhomía e da solidariedade. Tres conceptos cos que se marcan tres dos grandes valores sempre necesarios para andar a diario pola vida, pero en épocas de crise, máis que nunca. Son principios que deben rexer o comportamento de tódalas persoas, dos presidentes, das ministras, dos parlamentarios de calquera bancada e de todos e cada un de nós, dos mortais que mentres vivimos, en períodos electorais, temos a enorme importancia que nos concede o dereito ao voto. Como dicía Castelao, “o pobo é soberano só o día das votacións”, esa significativa xornada, cando se mide a eficiencia dos políticos, independentemente do seu xénero.
Parece obvio que deben reforzarse os valores que nos diferencian, que nos caracterizan e que nos fan merecedores dunha vida chea de razóns, comprensión, amizade e futuro. Parece importante, pois, establecer mecanismos que fortalezan o diálogo e a comprensión entre os homes e os pobos, sen que ninguén perda dos seus dereitos. Os dereitos do pobo e dos pobos son moi difíciles de conseguir e pérdense nun instante, nun santiamén. Con esa perda, todo vai a peor, mal, cada vez peor ata ficar no abismo.
A Tía Manuela é optimista e pensa que aqueles males que atacan á sociedade, poden erradicalos, en boa medida, os que se dedican á política, entre todos, coa súa humildade, coa súa experiencia, coa súa capacidade intelectual, coa intensidade do seu traballo, coa colaboración entre eles e coa dos seus colaboradores e asesores. Evidentemente que si! E, falta que fará! Farán falta tamén as tecnoloxías, o uso da estatística, da investigación, da loxística e dos cartos.
Cando a crise é monumental, faise necesaria, case imprescindible, a información clara, concisa, certeira, veraz e continuada, á luz do día. Esa información, amigos lectores, é un referente das virtudes de quen a practica. E, aínda máis, faise necesario, e agradécese, que os empresarios teñan xestos e comportamentos socias, que a cidadanía sexa responsable, e que aqueles que teñen salarios millonarios reduzan as súas cantidades ata un punto normal. Aí vai implícito o valor da solidariedade, tan prezado, tan conveniente e tan necesario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El villancico más famoso del mundo
Berto Manso
LA OPINIÓN
El COB llegó tarde al pazo
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Lo último