Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Da importancia da luz non hai nada que falar. Do seu valor e mérito para subsistencia da cidadanía tampouco hai moito que dicir, abonda con agradecer e recoñecer que xoga un papel moi importante na vida e na evolución da humanidade. A luz é, sinxelamente, vida e para resaltar o seu papel en distintos aspectos, na ciencia, na cultura, na educación, no medio ambiente e o desenvolvemento sostible ou en áreas tan diversas como a medicina, a comunicación e a enerxía, a Unesco, en novembro de 1917, aproba e proclama oficialmente o día 16 de maio de cada ano como Día Internacional da Luz.
A nivel estatal créase un comité con científicos e expertos que traballan neste eido, do que forma parte a profesora de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela, María Teresa Flores Arias, quen gusta de falar da presencia da fotónica na vida cotiá. Neste ano 2019, o acto central do Día Internacional da Luz desenvolverase en Santiago de Compostela e servirá, a bo seguro, para realzar o traballo de investigación que se fai, neste ámbito, na USC. Din que a fotónica, a ciencia da luz, terá no século vinte e un a mesma importancia que tivo a electrónica no pasado. Nestes tempos nos que todo vai a toda présa, a velocidade é importante e a revolución tecnolóxica pasa polo cambio dos electróns aos fotóns.
A luz alimenta, pon en marcha o reloxo biolóxico dos vivos, manda sinais ao cerebro e indicacións claras para a sincronización necesaria das distintas pezas que constitúen a maquinaria humana, con sentimento, con paixón e devoción, con equilibrio e con senso de responsabilidade para que cada quen esperte ou durma cando toque. O reloxo non funciona só co sinal da luz, pero ela é, segundo os científicos, o máis forte e o máis potente. A vida social, os horarios de traballo, da escola, de comer, do ximnasio ou da sesta tamén ordenan, pero despois dela.
A luz tamén é poesía, alegría, claridade, fantasía e realidade total. A luz do día e a enorme claridade do amencer, do solpor ou da noite coa luz acendida, son belezas absolutas, como a luz da escuridade de Lope de Vega ou cando “a luz bebe luz na túa boca”, en Primavera e muchacha de Octavio Paz. Prezados lectores!, a Tía Manuela di ben: “Sen luz, todo é escuridade, negrura para o futuro”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último