Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
A tenrura do meniño reforza a fortaleza, o ánimo e, mesmo, a valentía daquela persoa que o coida, que lle dá de comer e que o lava, empezando polos pés, con moito coidado, entre os dedos, entre as pernas e na cabeza. Que o lava entre os dedos das mans e as mans todas elas, que lle lava a cabeza, as orellas, o pescozo e as lagañas. A tenrura dálle máis vida á vida da xente boa, esperta amorosidade e reclama cariño e dozura. Calquera é quen de acariñar a un bebé ou a un meniño. Calquera!
Se hai que cambiarlle o cueiro a unha vella ou a un vello, xa é outra cousa. Neste caso, queridos amigos, os coidadores non se invisten de fortaleza. Aquí cómpre un manto de tenrura coa mesma suavidade que a do algodón puro e limpo, con enorme cariño, coa mesma amorosidade e mesma dozura que a do neno, esquecéndose diso de que “á vellez varíolas” e sabendo que “canto maior, tanto amor e máis honor”. Díxoo Victor Hugo, con aquelo de que “o síntoma máis poderoso de amor é a tenrura case insuperable”, a que che agradece o amigo, a amiga, o familiar ou a quen coidas, que é a quen queres.
E, vostedes que pensan? Confundidos, uns atendendo aos outros ou aos biosbardos e o mundo, descoidado e alterado, coas súas xentes desconcertadas mirando como o ceo se xunta co mar no horizonte. Un amigo que se dedica ás ciencias biomédicas di que o vagón vai descarrilado, que non estamos en tempos de andar con cocerellos, que cómpre claridade na expresión e seriedade, moita seriedade na investigación e tamén na divulgación, na Universidade, na sociedade, na xustiza, na administración e na actitude individual dos cidadáns.
O mundo non é dos ricos, é de todos e ten que ser de todos por igual. Ten que respectar ás especies, ao medio, á vida e á morte. Non é dos políticos, digan o que queiran ou pensen o que pensen. Non, non é deles nin é noso, é dos máis ricos, dos máis pobres e dos outros. Na igualdade está a clave do benestar mundial, igualdade de xénero e igualdade de oportunidades. Igualdade no aceso á formación, á cultura e aos produtos necesarios. Aí está a igualdade, en sintonía e harmonía coa pluralidade e a diversidade de ideas. Aí está a tenrura do neno pequeniño e a que xera aquel maior ao que coidas, acariñas e aloumiñas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Perseguir a famosos para amedrentar a las masas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Como si no fuera con él
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Revive Revve Anabaraego no fútbol ourensán?
Lo último
PARALIZADO EL TRÁFICO AÉREO
Cierra el aeropuerto de Múnich, el segundo más grande de Alemania, tras el avistamiento de drones
NORMATIVA PASO A PASO
Pesca de la trucha en Ourense: Ríos abiertos, cuotas y permisos para 2026