Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se lanza
Foise facer o camiño de Santiago, como outros anos fora, para apreciar os seus valores, os máis deles, de carácter inmaterial, e para coñecer unha nova ruta, aquela que vai cara a Santiago por sendeiros consecutivos, dende Ponferrada ata a meta do Camiño, Santiago, dese milenario camiño que recorre países, comunidades, cidades, vilas e milleiros de lugares rurais de xeografías ben distintas. Din que o Camiño de Santiago é cultura, historia, arte e espiritualidade. É intercambio de pareceres, conversa, tranquilidade e esperanza. O Camiño de Santiago é patrimonio, é un ben colectivo que a humanidade debe protexer e aloumiñar como quen aloumiña a un meniño ou a un cadelo, co mesmo tesón e o mesmo cariño.
Esa nova ruta, coñecida como Camiño de Inverno, transita de forma irregular por paraxes fermosas, por terras amables e despoboadas, que axudan a entender o abandono do rural por onde pasa. A natureza realza a beleza desta contorna, con raíces fondas na historia e con ausencia de pegadas xacobeas. O Camiño vai e volve, sube e baixa, aproveitando as rodeiras que ían ao monte ou ao prado, aproveitando as pistas forestais e as estradas locais. É bonito ver as frechas amarelas de Elías Valiña indicando o percorrido, marcando os rodeos.
Os romanos deixaron nas contornas deste Camiño numerosa mostras da riqueza destas comarcas galegas e do Bierzo. As Médulas, o túnel de Motefurado e o cultivo das vides, na Ribeira Sacra, son exemplos que clarifican a importancia e o valor material que había e segue habendo. Riqueza patrimonial a esgalla, ao longo desta ruta, que moitas e prezadas persoas entusiastas están estudando, ensinando e divulgando, coidando e procurando que non se perda nunca máis, respectando o seu enorme valor inmaterial, como se fose “ouro en pano”, daquel ouro que saía das minas destas terras, noutros tempos.
O Camiño de Santiago é un espazo de comunicación, é un mundo enteiro, para andar e pensar, para reflexionar e unir o pasado co futuro. Así van milleiros e milleiros de homes e mulleres de tódalas idades peregrinando por onde outros xa foran. E, por que? Polo lo que sexa, cadaquén pola súa razón. Todos, e de tódolos lados, ata Santiago de Compostela, ao final do Camiño, como moi ben dicía a Tía Manuela, “sen novos inventos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se lanza
Mariluz Villar
MUJERES
Agradecidas
Editorial
EDITORIAL
Pedro Sánchez, la crisis de la vivienda y las mentiras del bombero pirómano
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el café
Lo último