Xabier R. Blanco
Apúntate a "Voxeo"
As illas de Galicia son dunha beleza sen igual. Temos arquipélagos como o das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada formando o Parque Nacional das Illas Atlánticas e, dende a illa Pancha en Ribadeo ata onde o Miño se vai ao mar por Portugal, atópanse illas e illotes con enorme fermosura. No mesmo Cantábrico, bañadas por esas augas de tanta dozura, están tamén a Coelleira e a illa de San Vicente ou a praia das Illas na Devesa. De seguir mirando, andando, paseando ou navegando chegamos enseguida ás illas Sisargas, ao carón de Malpica; a Creba, Aguieira e, onde o Ulla chega ao mar, a illa de Bexo ou a de Tambo, xa na ría de Pontevedra.
As illas de San Simón e San Antón, recantos para a memoria histórica. San Simón foi cárcere no período do franquismo, foi lugar para inspiración do trobador Mendinho e agora é sé de eventos culturais de diversos tipos, parada de intelectuais, académicos e artistas que se rodean de auga salgada para “arranxar o mundo” e para reivindicar que, dunha vez para sempre, se erradiquen os atropelos e se coñezan aos que atropelan. E, na zona de Baiona, as illas Estelas, un espazo protexido para aves, onde tamén traballan estudosos e científicos.
Quedan moitas sen citar, pero nestas datas, e coa súa benevolencia, quería referirme a unha insua, que “é unha illa no curso dun río”. Neste caso, tampouco é iso. É a insua dos poetas, un magnífico e enorme recanto creado, mantido e coidado polo poeta Luís González Tosar, un dos grandes e presidente do Centro PEN Galicia. Alí naquela leira inmensa, na Esgueva do Carballiño, zumega a poesía e a arte, sen auga salgada para curarse, pero con empanada e pulpo para, se é necesario, fartarse.
Nesta illa enmarcada por un río de emocións e sentimentos, a grande festa literaria, a festa da palabra e da poesía vai, ano a ano, marcando o camiño. O anfitrión sempre acerta nas persoas a homenaxear e neste ano 2019, sen dúbida. O agasallado foi o poeta ourensán, Antón Tovar Bobillo, un escritor marxinado polo franquismo, esquecido polos estudosos e autor de títulos tan interesantes como Barro de Nadie, Arredores ou Non, que era verdadeiramente non; Berros en voz baixa, A nada destemida ou Cadáver adiado. A Tía Manuela díxoo claro, “non era sen tempo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Toño Alfaro
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ourense Ontime, sin confianzas para recibir al Penya Esplugues
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 28 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 28 de febrero, en Ourense