Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
O amigo morreu no camiño. Ía da casa para non se sabe onde e volvía de non se sabe onde para algún sitio. Volvía á casa, un dos poucos sitios aos que sempre se pode volver. O amigo era un camiñante por lugares descoñecidos, por territorios descoñecidos, por rutas perigosas e illadas, retiradas da proximidade dos rueiros recreativos, adquiridos e preparados polos amos do benestar. Quen son? Non se sabe, pero existen, hai persoas dispostas a plantarse diante daqueles que obstrúen o desenvolvemento.
A morte é o peor, o sufrimento total , o peor do peor. É tristeza, lembranza, sosego e desacougo ao mesmo tempo. É penuria e dá pena ver a aquela xente, daquela esquina, traballando seguido para, se é posible, avanzar e poñer a bandeira ao servizo de quen a necesita. Morreu o amigo e xunto con el foise unha parte importante da Galicia nosa. Marchou e foise para situarse naquel lugar á esquerda ou á dereita, onde todo é posible, onde mandan as lembranzas, onde se proxectan os recordos coa suficiente forza de luz e coa esperanza de sempre, incluso sabendo que andamos por un camiño sen retorno.
Morreu coa seguridade de que a morte ten un prezo e, se fose posible, morrería novamente outra ou outras moitas veces, antes de calar e, incluso, antes de falar. Moitos coinciden con aquilo de que é mellor morrer con orgullo, antes de vivir sen el. Todo parece normal, e a morte? Tamén. Normalidade é o mellor, como en todo, incluso na vestimenta, no peiteado e no andar, no deporte, no traballo, no calar, no pensar e razoar, na vida e na morte. Para algúns pode ser un negocio, para outros, tristeza total e para a maioría, a soidade plena, a escuridade absoluta, coa única raiola de luz alumeando os recordos, antes do esquecemento, diante da desmemoria dos que seguen vivos.
Á morte non lle debemos temer, di Antonio Machado, “cando chega, nós xa non somos” e, como afirma Jorje Luís Borges, “a morte é unha vida vivida e a vida é a morte en camiño”. Son probablemente a mesma cousa, un soño e un esquecemento. E, sen vida, non pode haber morte. Non ou si? Para os novos a morte é un naufraxio e para os maiores é a arribada. Sen présa, vamos cara ao porto, pouco a pouco, engorde e paseniño, sen apuros e sen demoras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere un joven motorista tras chocar contra un muro en Vilalba
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 11 de julio?