Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Omundo anda revolto. Por un lado, hai unha preocupación enorme e xeneralizada pola distancia social, esa que nos separa enmascarados e que nos illa dos iguais, dos parentes, dos familiares directos, dos amigos, dos queridos e dos veciños do lugar ou do andar. Distancia social maior ca nunca, impresionante! Separación total entre namorados, entre irmás, entre parellas de calquera sexo, entre espectadores, actores, locutores, escolares, universitarios e traballadores de tódalas profesións e oficios. O de bailar ao agarrado acabouse por un tempo, igual que moitas outras cousas se acaban e, probablemente, para sempre. Nós non podemos estar xuntos e vós tampouco. Quen o diría!
Moitos pasaron a vida loitando por erradicar as diferencias entres as persoas. Sabendo e respectando o feito de que cada un dos individuos da sociedade ten a súa propia identidade, procuraban a proximidade e interacción entre eles. A xente do mesmo lugar, os que tiñan lingua común, a mesma cultura e os mesmos problemas uníanse xuntiños con atumes consistentes coma os de facer feixes de leña, de estrume ou de palla. Ese afán pola unión, pola igualdade, pola comprensión e compromiso truncouse de repente, reforzando o individualismo e, pois, o egoísmo desconveniente.
Trocáronse os valores, cambio o mundo e cambiarán os individuos un a un, para crear unha nova sociedade descoñecida polos pensadores humanistas e avistada polas tecnoloxías que promoven a intelixencia artificial. Todos estarán (estaremos) cada vez máis lonxe dos outros, máis separados, máis calados e máis tristes. O coñecemento mutuo perderá interese e a tolerancia perderá todo o mérito que aportaba ás sociedades que ata agora coñecemos. A distancia social, dun metro e medio, de dous metros ou do que sexa, irase agrandando sen parar, mentres a riqueza do multiculturalismo e a pluralidade de culturas, de ideas e pareceres acabará na nada absoluta, como se fose a última gota do vaso baleiro.
As tecnoloxías avanzan e trasladan o cerebro ao peto do pantalón corto ou da camiseta de raias. Dende un deses lugares emitirá sinais silenciosas ou ruidosas e, se é preciso, luminosas para que o usuario saiba de onde é, quen é e a que se dedica. Incluso será quen de dicirlle se o desenvolvemento da intelixencia artificial e as súas aplicacións son ou non son éticas. A vostedes que lles parece?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último