O lume e os tiros no pé

O AFIADOR

Publicado: 12 jul 2026 - 00:15
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

O negacionismo incendiario vaise quedando con cada vez menos base para sustentar tan disparatada teoría. Dende os principios de xullo temos o lume acosándonos polos catro puntos cardinais: Cataluña, León ou, sobre todo, Almería, por falar dos últimos máis importantes, desenvólvense cunha voracidade ata hai poucos anos reservada ao mes de setembro e, ás veces, dende mediados de agosto, coincidindo ca etapa da seca máis estrema. A ausencia de chuvia e as sucesivas olas de calor provocan que a traxedia se adiante de xeito considerable, con moitas posibilidades de sufrir episodios da mesma ou parecida natureza ata o final do verán.

Como consecuencia da furia do lume desatado hai xa un número indeterminado de vítimas mortais -sempre moitas, en calquera caso-, xunto con outros miles de damnificados que salvando a vida perderon bens e facendas, ademáis de cargar ca angustia que supón verse fronte a un xigante ingobernable. A dura experiencia para quenes sobrevivan a esa conmoción emocional, por enriba das perdas materiais quedaralles gravada no maxín para o resto da vida.

O máis descorazonador é que a pesar das proclamas de pésame e anuncios de proximidade afectiva cos damnificados por parte das autoridades, quedará patente que non aprendemos nada que nos libere ou polo menos mitigue os efectos do averno forestal de cada ano. Pirómanos, pastores ou agricultores, entre quenes o discurso oficial descarga propensión á piromanía forestal, está claro que non son os causantes da maioría dos megaincendios (tampouco eucaliptos ou piñeiros están nesa ecuación). Insistir nesas teorías é dispararse tiros nos pés. Por outra parte, fiar a solución ao dispositivo de extinción, por eficaz que sexa -que o é- será insuficiente, pois xa sabemos que ante a furia desbocada das lapas a única forza capaz de paralas é a auga da chuvia.

O lume forestal hai tempo que é -debería ser- cuestión de Estado, aínda que os gobernantes non se den por enterados, e como tal debería ser abordado na procura de lexislación con medidas efectivas e transversais a curto, medio e longo plazo, conscentes de que milagros non hai, pero que si non se empeza, nunca se chegará a nada. Saber quenes son os titulares da terra, esixencia de responsabilidades do coidado, habilitación de accesos diáfanos para limpar, explotar ou extinguir lumes cando toque; ordenación do monte e das terras de labor (moitas delas convertidas en masa forestal polo abandono) e disposición de axudas para afrontar a reversión da situación actual. Obviar esta realidade é, por pasiva, contribuir a que boa parte de España e Galicia sexan susceptibles de quedar baixo descomunales piras ingobernables, co durísimo peaxe que estamos vendo.

Contenido patrocinado

stats