Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Vilanova, a das infantas
TÍA MANUELA
Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendo certezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dando fe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo especial, nas amplas e despoboadas zonas rurais. É un refrán que di máis cousas, algunhas delas esperanzadoras, como esta de “tras a adversidade chega a calma” desexada, reclamada, perseguida e demorada.
Segundo o dito popular, todo é cíclico e a realidade é cambiante. Os científicos estudan os cambios climáticos e proxectan confianza na experiencia. Eles saben, igual que quen le este xornal, que a confianza no cambio abre as portas da esperanza. Queremos auga e algún día choverá, se queremos que pare, cando sexa, parará. Sempre atoparemos na historia algunha situación semellante á actual.
Nun libro con textos científicos e divulgativos, “Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia” coordenado por Francisco Díaz-Fierros e publicado, en 2008, polo Consello da Cultura Galega, dise que os climas, alén da súa dimensión física, teñen unha clara significación cultural, ata o punto de que Ramón Otero Pedrayo, “sentía climaticamente as diversas falas dos pobos europeos”.
A meteoroloxía é a ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera, pero os científicos que traballan neste ámbito, non poden esquecerse da cultura que os rodea e que os alimenta. Parece que a climatoloxía dun territorio xera unha forma de vida, unhas costumes e unha cultura que vai marcar o andar da xente e da vida dese territorio, por grande ou pequeno que sexa.
O mundo está pendente das observacións meteorolóxicas, con enorme incidencia nas guerras, nas invasións, nas vitorias e nas derrotas. Son como armas militares para a destrución ou, cando menos, para facilitar a destrución, que tanto lles interesa a eses poucos, que queren para eles o de tódolos outros. Se os pobres puideran controlar o clima, outro galo cantaría, habería luz para a maioría.
Luz e memoria son convenientes para seguir camiñando cara adiante. Cómpre saber o que pasou, para non repetir erros, para que non se agranden eses mares de bágoas xélidas dos pobos que sofren a brutalidade da inxustiza diaria. Si, a Tía Manuela quere alumear a memoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Vilanova, a das infantas
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Viajar a Vigo o a Sri Lanka
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El portal que querría ser Milán (y Auria desprecia)
IMÁGENES CON HISTORIA
La Tertulia, un nuevo casino en Ribadavia
Lo último
CAEN LADRONES DE IGLESIAS
Condenado el ladrón de arte sacro de O Carballiño y su red de colaboradores
REACCIÓN A LA POSTURA DE ESPAÑA
Feijóo cree que Sánchez va "contra la seguridad" de España por "un puñado de votos" y aboga por mantener la relación con EEUU