Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
Somos o país do millón de vacas, como ben definía Manuel Rivas naquel fermoso relato/retrato de finais do século pasado. En realidade, temos 954.017 bovinos pois, vacas, o que se di vacas, temos algo máis de medio millón pero, para o caso, da igual. Podíamos dicir entón que temos unha media de 3.000 bovinos por concello pero, como as estatísticas son o que son, o certo é que o concello de Lalín conta con 27.391 cabezas, na Pastoriza 25.563 e Mazaricos 24.318, liderando as respectivas provincias de Pontevedra, Lugo e Coruña. No concello de Ourense aínda quedan 42, pero correspóndelle a honra a Montederramo, con 5.778 reses de carne e 1 de leite (IGE 2020) mentres que en Ribadavia, Arnoia, Beade, Pontedeva ou Rubiá xa non queda unha vaca.
Tralo balbordo creado polas declaracións do ministro de Consumo respecto das macro-granxas, e coincidindo plenamente que ese non é o camiño, o certo é que está a punto de publicarse o Real Decreto aprobado polo Consello de Ministros que establece o límite de 850 Unidades de Gando Maior (UGM) por explotación ou 1.400 bovinos por cebadeiro, medidas que no panorama galego consolidan o que para nós xa son modelos super-intensivos e, unha vez máis, obvia a nosa realidade, como xa pasaba hai corenta anos. Lembro aquela anécdota dun ministro da transición de visita por Ourense, diante dunha (macro) finca de 70 hectáreas: ¿Y en Galicia, las hectáreas son grandes o chicas?”
Temos arredor de 30.000 explotacións de bovino, das cales 20.000 teñen menos de 30 cabezas, e pouco máis de cincocentas superan os 200 animais. Mentres, as producións de carne e leite de calidade ligadas a terra en explotacións en extensivo, que son o noso sinal de identidade, están a sufrir o desamparo institucional, e están a vender en moitos casos por debaixo dos custos de produción.
As veces non se trata tanto de lexislar senón de aplicar as leis que xa existen. A recente reforma da “Lei da cadea alimentaria” transcribe as esixencias comunitarias da directiva europea sobre prácticas comerciais desleais: “Co fin de evitar a destrución do valor na cadea alimentaria, cada operador da mesma deberá pagar ao operador inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custo de produción de tal produto en que efectivamente incorra ou asuma o devandito operador”.
O texto indica que deberán elaborarse os índices de prezos e de custos de produción mediante o emprego dos criterios que deberán garantir a transparencia e obxectividade. Pois veña, poñerse a traballar pois, con macro-granxas e micro-prezos o resultado final está a vista: en 2010 tiñamos un millón de vacas e 45.000 explotacións. En 2020, co mesmo número de vacas, quince mil explotacións menos. Un rural cada vez con menos xente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco