Os maiores merecen moito máis

o afiador

Publicado: 05 oct 2025 - 03:10

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

O caso dos seis maiores rescatados esta semana que remata dunha residencia de Amoeiro supón un aldabonazo -ou debería- na conciencia colectiva sobre o coidado que damos a quenes no último tramo do seu tránsito vital non están en condicións para valerse por si mesmos e dependen do entorno ou dos centros especializados na materia. O coñecido ata o de agora no caso comentado encolle o corazón mentras salta disparada a pregunta de como é posible que sucedan estas cousas nunha sociedade que ten resposta instantánea para case todo.

So o escandaloso retrato do sufrimento dos maiores na pandemia alumeou a decisión de facer un estudo ao respecto

Como poden estar dende non se sabe cando infraalimentados, sen atención e control da saúde e sen as condicións hixiénicas mínimas? Como ninguén se entera de tal abandono, que leva a pensar que se os sometidos a tal tortura aguantaran físicamente, liberaríanse o día do seu óbito. Podemos dicir con sarcasmo, que os salvou a sua boa condición, como se estivesen feitos de madeira de buxo.

Afortunadamente, segundo as institucións competentes, os afectados están liberados do calvario no que vivían e reciben os coidados e trato que merecen, pero non debemos esquecer que o dispositivo de auxilio activouse a través dunha denuncia sobre unha irregularidade laboral, allea ao maltrato do que eran vítimas os residentes. Significa eso que non hai controles regulares frecuentes e imprevistos do que pasa nas residencias de maiores? Si os hai, resulta evidente que neste caso fallaron.

Porén, os potenciais erros ou desleixo no control oficial non poden tapar a ola de insensibilización social sobre as necesidades dos maiores, por mor dun tipo de vida que aparta ou elimina o que molesta ou, simplemente, perdeu utilidade. Como si quenes nos trouxeron ata eiquí dende que o mundo e mundo non merecesen a última homenaxe afectiva en forma de coidados. E se fose inevitable o internamento, con visitas periódicas dos seus no lugar onde afrontan a última estadía na antesala do inevitable. Algúns deles ata hipotecaron -outros aínda están nelo- o merecido descanso na xubilación como guerreiros infatigables, asumindo a procura do benestar dos seus, no coidado dos fillos destes; ou sexa, os netos. E sen soldada.

Como será a débeda colectiva cos maiores, que ata hai pouco máis dun ano o Estado nin sequera sabía cantas residencias había nin a que categoría pertenecían (algo menos de sete mil, con cerca de medio millón de prazas), como tampouco a fórmula de convivencia. So o escandaloso retrato do sufrimento dos maiores na pandemia alumeou a decisión de facer un estudo ao respecto. A realidade indica que seguimos en débeda.

Contenido patrocinado

stats