Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Prohibido pasear al tigre
Unha Comunidade, catro Provincias, trescentos trece Concellos, tres Aeroportos, unha Facultade de Medicina…; así, con outras pertenzas máis, configúrase a nosa Galicia, a “¡Galicia!, Nai e Señora, sempre agarimosa e forte…”, de Ramón Cabanillas. Aínda que neste mes de agosto, cecais por ser vacacional ou por mor dos desgraciados incendios, que o acapararon todo, quedou aparcado o balbordo mediático dunha ou dunhas novas Facultades de Medicina en Galicia. E para darlles axiña contestación ao titular do que escribo, dígolles: Non fan falta nin máis Facultades nin máis médicos en Galicia. O problema real non é a falta de médicos. En calquera caso si é necesario aproveitar máis e mellor os recursos que xa temos, na procura dunha ensinanza eficiente, ca mellor calidade, ao través da Facultade xa existente, suficientemente equipada en medios.
Dispomos, hoxe en día, dende mediados do século XVII, dunha Facultade de Medicina en Santiago de Compostela. Unha boa Facultade que formou médicos de prestixio para todo o mundo ao longo dese tempo transcorrido. Os que acudimos e pisamos as aulas, para aprender o que nos explicaban aqueles profesores e catedráticos, aos que maioritariamente admirábamos, respirábamos aires de apredizaxe na arte de sanar ou ao menos paliar a dor do enfermo. Eramos moitos!, sobre mil os que comezáramos, entrada a década dos setenta, xa que aínda non había ningún tipo de “numerus clausus”, que comezaron a aplicarse pouco despois. Debido a cantidade de alumnos aspirantes a médicos, as autoridades universitarias, confeccionaron dous grupos de alumnos, onde cada grupo, en horario diferente, enchía a grande e famosa “Aula 8” da referida Facultade. As consecuencias foron que nos ano oitenta hubo exceso de médicos licenciados, polo que moitos compañeiros emigraron e outros foron a dar á bolsa do paro, e agardar para cando caía algún contrato.
Con tales antecedentes e datos, chama a atención, eu vexoo con certa doce de estupor, a puxa por unha nova Facultade de Medicina en Galicia, sexa na Coruña ou Vigo; e xa postos a pedir, sen máis criterios cos intereses políticos…, por qué non en Ourense
Agora, e xa levamos uns cantos anos, asistimos á paradoxa de que a sanidade galega, ao igual que a española, dispón de médicos máis que sufientes en número, incluso máis que a maioría dos países da OCDE e, nembargantes faltan especialistas polo embudo do MIR, preocupando especialmente a situación de Medicina Familiar e Pediatría. Así, na última convocatoria MIR, presentáronse sobre 15 mil médicos aspirantes a especialistas para 9 mil prazas. Como se pode deducir son 6 mil médicos licenciados, que non poderán exercer no Sistema Público de Saúde, ao non superar o MIR. Por conseguinte non fan falta máis médicos, e se non fan falta máis médicos, non sei o motivo de máis Facultades, tamén en Galicia. A non ser por motivacións políticas… localistas, que si.
Con tales antecedentes e datos, chama a atención, eu vexoo con certa doce de estupor, a puxa por unha nova Facultade de Medicina en Galicia, sexa na Coruña ou Vigo; e xa postos a pedir, sen máis criterios cos intereses políticos…, por qué non en Ourense esa nova Facultade, como moi ben explicou o catedrático J. C. Mejuto, nesta mesma sección. Realmente, nova/novas Facultades, por criterios que nada teñen que ver cunha mellor ensinanza, non! Xa nos chegan tres aeroportos -e non poucos galegos acoden ao de Porto-, a planta local de 313 concellos xa son bastantes. Polo tanto antes de, xa non só pensar senón acordar unha nova Facultade de Medicina, esta no pode nin debe responder a criterios localistas. Non ao café para todos, que é máis propio de acordos políticos e non da enseñanza dunha ciencia médica, na que esa enseñanza debe ser contrastada en calidade; e a formación, investigación e innovación son prioritarias e irrenunciables, nun entorno acreditado; criterios que endexamais se consiguen fragmentando. O que se fragmenta queda diluído. E non falemos se nadamos da abundancia financieira, como para atender onde non hai necesidade, aínda que si fortalecer o que temos, e deu mostras de suficiencia dende anos hai. “¡Galicia!, Nai e Señora, sempre agarimosa e forte…” Galicia somos todos, señr@s alcaldes das dúas grandes cidades de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Prohibido pasear al tigre
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Comprometidos con la ejemplaridad
Juan M. Casares
Annus oterianus
Luis del Val
La política era otra cosa
Lo último