Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Baixaba polas escaleiras rotas de granito rosado dun castelo arruinado e, aquela moza morena, guapa, intelixente e brillante estudante de matemáticas e filosofía, chegou ao final cunha enorme lesión cerebral, cun cadro clínico que a sitúa para sempre no grupo de doentes con dano cerebral adquirido. Daquela, na súa propia carne, na súa mente e no seu entorno agrandáronse as ideas da solidariedade e da xustiza social como valores que cómpre defender e estender. Algo parecido pasoulle ao carpinteiro amigo que, ao rebentar unha roda da bicicleta que guiaba, bateu coa cabeza contra un carballo centenario e tardou máis dun ano en recuperar parcialmente o coñecemento.
Os datos indican que unhas tres mil persoas teñen implicacións directas coa Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), organización non gobernamental, “independente, apartidista e aconfesional”, integrada polas cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido, Adaceco (A Coruña), Adace (Lugo), Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Santiago). Son persoas asociadas, profesionais ou voluntarias que dedican o seu tempo, esforzo e traballo a contribuír á mellora da calidade de vida daquelas con dano cerebral adquirido e dos seus familiares.
Entre os obxectivos que perseguen está sensibilizar á sociedade e a todos os seus integrantes da enorme dimensión desta discapacidade, poñendo en marcha iniciativas que axuden á rehabilitación, á inclusión e normalización social do colectivo. Sobre esta cuestión tamén teñen un papel importante as institucións. Nunha sociedade de benestar, os servizos públicos deberían responsabilizarse destas transcendentes cuestións, onde estaría perfectamente xustificado o gasto. Perfectamente xustificado diante daqueles que entenden (entendemos) que a saúde é o primeiro, a base da felicidade, “o sentido e o propósito da vida”, como dicía Aristóteles.
O mal é cousa mala, é condenado, pero se tes a quen contalo, se o contas e te escoitan, poida que entibie por un tempo. Xa que logo, a Tía Manuela insiste: “Humildade, xenerosidade, solidariedade, vontade e valores son palabras para dicir e para escoitar, porque se veñen mal dadas, é mal para todos, para a familia, para os compañeiros, para os amigos, para a sociedade enteira”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último
Guerra en Ucrania
Hungría se impone a la UE vetando el préstamo a Ucrania
FUSIÓN DE EM&E CANCELADA
Los Escribano renuncian a la fusión con Indra tras la presión de la SEPI