Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Antígona, la estirpe maldita
PINGAS DE ORBALLO
Tomei prestado o mandil da avoa. Collín unha táboa, un coitelo e unhas restras ou mangados de cebolas. Levo trinta e seis horas picando cebolas. Ós meus pés, unha lagoa de bágoas.
A verdade é que xa non sei se choro polo óxido de propanotial, pola canseira de tanto picar ou pola rabia que me dá. Dixéronme que picase cebolas para un batallón, e levo picadas xa para máis dun rexemento. Que maneira de picar e que forma de chorar!
Que alguén berre que deixe de picar cebolas! Xa vou para unha maratón. Xa non teño bágoas
O peor é que me atopo nese momento en que me falta un amén para acabar por aborrecer, por anoxar a cebola. Co que a min me gusta! Máis frita ca crúa, iso si. Porén, nunha ensalada, que non falten uns aros de cebola crúa. Gústame calquera empanada, leve cebola ou non; mais, se a leva, xa é gloria bendita. E se leva moita, pois case un orgasmo... de gozo e de saboreo. Unha vez, de rapaz, rogueille á miña nai, coas mans xuntas en sinal de oración, que me fritise unha tixola enteira de cebolas. Fíxoo. Gocei como nunca gozara. Pero, despois... mellor non falar do asunto, da apurada.
Que alguén berre que deixe de picar cebolas! Xa vou para unha maratón. Xa non teño bágoas. A lagoa hai un bo anaco que se converteu en océano. O rexemento pasou a ser exército. Mais, mentres non chegue a contraorde, eu sigo.
Sobre a mesa cada vez semella haber máis restras. Pídolle a quen corresponda que non planten máis cebolas. Que se pasen ós allos. Eu xa chorei dabondo por esta colleita.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 22 de julio
TRAS LA SENTENCIA DEL TJUE
Puigdemont denuncia ante la Comisión Europea el incumplimiento de la ley de amnistía por parte de España
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 22 de julio
PROMOCIÓN INDUSTRIAL
A Xunta reforza a súa aposta polas firmas de automoción