Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
Ten alma de nena e corazón de mamá. Ollos de cirurxana e sorriso co mel da alegría. Marila é a mestra que todos quixeramos ter. A profe de mates que achega ós alumnos ó ventre máis profundo da palabra e anímaos a saborear a poesía. A educadora que acompaña nas dificultades e vicisitudes dos nenos e adolescentes. A dama das camelias que adorna calquera acto co brillo das flores e coa súa presenza. A que axuda coa acción, coa obra, coa foto e coa sensata aportación. A que ampara dende un silencio cómplice, onde observa e analiza para non dar pasos en falso nin ofender a ninguén.
“La palabra precisa, la sonrisa perfecta”, di a canción. Asi é esta muller polifacética, mestra de Cisneros que agora se xubila, imprescindible na filatelia, inseparable de Nós, Xente do Redor, acompañante excepcional de grandes nomes que xamais contará... Sempre que a chamas, está. E se non a chamas, tamén. Pois xa che viu no mirar que precisas motivación, viu o teu paso triste que precisa unha man que o anime. Viu a túa soedade aínda na multitude.
É un ser admirable, cun sorriso luminoso. A mestra de vocación. Alma de nena eterna, corazón de madraza. Ollos que traspasan cores e bandeiras e insondan o invisible, esa dimensión que só os grandes -humildes- sabios saben explorar.
Coa súa vara de zahorí indicarache onde nace a auga, esa que te rega a ti e ós demais. Pero cando te poñas a encher a xarra e queiras compartila, axiña contará, para ensalzarte, que saciar a sede do grupo foi cousa túa, mentres lle chisca o ollo a curuxa que canta cada noite para ela mentres danzan as camelias no xardín de estrelas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores