Julia Navarro
Madres, padres
Estados Unidos é un país civilizado. Estados Unidos é un país rico. Estados Unidos aínda é máis rica e poderosa na industria armamentística. Segundo en Galicia a un neno a primeira palabra que lle ensinan é "carallo", en Estados Unidos ándanlle no almorzo, no xantar e na cea coa palabra pistola, ou revólver, ou rifle, ou metralleta. Segundo en Galicia un neno soña ou xoga cun aradiño de pau, en Estados Unidos cólganlle a un cativo sobre o varanda da cama un revólver metido nunha cartucheira.
Segundo en Galicia a un neno lle ensinas como se fai un carro de vacas cunha cabeza de nabo, en Estados Unidos a un neno lévano a un monte ou simplemente detrás da casa e iníciano na marabillosa arte de apuntar e disparar. Porque en Estados Unidos todo o mundo ten moitas armas e con licencia para matar. E entre a facilidade que se lles dá co arsenal á man e que a gran maioría queren ser Rambos de película, ó xuntarse esas dúas ecuacións, asoman nun santiamén todas esas masacres polas que, despois si, botan as mans á cabeza. Calquera cativo pode abrir calquera caixón da súa casa e atoparse con todo un arsenal. E ós nenos sempre lles gustou experimentar. Despois, pasa o que pasa, matanzas sen control por todos os Estados ianquis. Algúns inícianse cedo, outros vólvense tolos a unha certa idade. Pero un tolo, se non tivera as armas que ten ó seu alcance, penso que pouco mal podería facer. Cun coitelo non creo que eliminase a 59 persoas e ferise a máis de 500. Un neno non mataría a outro, aínda que fose por erro ou por accidente, se non se atopase con ningunha pistola na súa casa.
Así de simple. O que pasa é que, claro, a industria… E precisamente esa industria produce, ocasiona moitos beneficios económicos. Por iso, a min, e sentíndoo moito polas vítimas, non me angustian tanto esas carnicerías porque, creo, eles mesmos as buscan. Podíanse evitar. Pódense evitar. Pero non interesa. Así é que… que carguen eles coa súa conciencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Julia Navarro
Madres, padres
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
José Antonio Constenla
MI PLAN PERFECTO
Estoy otra vez allí
Rafael Torres
TRIBUNA
Reyes magos
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán