Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Vale, a estas alturas de semana xa escribíu sobre ela ata o apuntador, e alégrome que sexa así; pero os que temos certa idade e medramos con son do “Un Dos Tres” temos a obriga de dedicarlle como pouco esta columna.
Da vida de Mayra non vou falar porque aparece en todo canto artigo se publicou esta semana, e todo o mundo sabe dos seus traballos como azafata, cantante, contertulia, presentadora e todo o que se pode facer en radio e televisión, como ela fixo, converténdose nun referente audiovisual de moitos de nós.
E iso era xustamente, un referente, cando tiven a gran oportunidade de contar con ela de convidada no “Tequelexou” da TVG, recibíndoa xeonllo en terra como nunca tivera feito nin volvín facer. Recibía naquel plató á miña gran estrela de tantos anos, de quen tanto aprendín e con quen tanto me divertín.
Cando todos os contertulios falaban no pasamento de María Teresa Campos e lle chamaban a gran mestra da televisión non esaxeraban nada, pero sen ánimo de comparación que non vén a conto, en programas de humor hay que sacarlle o sombreiro a esta presentadora.
Eu non sei se aquelas risotadas que ela botaba á hora da “Subasta” eran naturais ou guionizadas, como son agora todas as dos xurados dos diferentes “talents”, pero xúrovos que me dá igual, o contaxio era inmediato. Poucas veces se viu na tele unha risa tan contaxiosa como a dela, cunha proximidade tan grande aos seus colaboradores humoristas que facía que todos repetísimos aquelo de “veintidó ventidó, veintidó” do dúo Sacapuntas; ou o “Mayrucha Cha Cha Cha” de Bigote Arrocet.
Cando todos os contertulios falaban no pasamento de María Teresa Campos e lle chamaban a gran mestra da televisión non esaxeraban nada, pero sen ánimo de comparación que non vén a conto, en programas de humor hay que sacarlle o sombreiro a esta presentadora, que aínda non entendo como o gran sabio e gurú da televisión Chicho Ibáñez Serrador foi quen de substituir. Igual foi cousa dela, non o sei; ás veces unha cánsase de facer sempre o mesmo e precisa aires novos, e outras son esas cousas tan indescifrables como cando para moita xente desapareceu o “Supermartes”, pero esa é outra historia.
Por certo, o “Supermartes” tamén tiña moito de Mayra, desde a baixada das escaleiras ata a subasta final, onde negociando conmigo por unha roda podías levar o coche.
Sempre hai que aprender dos que saben, dos que levan anos pisando platós e divertindo a millóns de persoas. E iso foi o que eu fixen sempre, ser xeneroso con quen me acompañou, e estar sempre en proceso de aprendizaxe; nunca ir de sobrado porque o batacazo pode ser de órdago; hai que aprender e sacarlle o sombreiro a profesionais como Anne Igartiburu, quen en pleno directo foi quen de parar os exabruptos de Jhon Cobra na elección da canción española para o Festival de Eurovisión. Xúrolles que me puxen en pé para aplaudirlle a esta magnífica presentadora que nos deu unha lección de como se resolve un gran problema en pleno directo.
Aquela “Ruperta” á que Chicho nunca soterrou totalmente por se había que “resucitala” nalgún momento.
Vaian nestas liñas, ademais do meu profundo cariño á gran Mayra, a miña homenaxe a todos os que fixeron o “Un Dos Tres”, programa icónico onde os haxa, incluída aquela “Ruperta” á que Chicho nunca soterrou totalmente por se había que “resucitala” nalgún momento, como ocurríu moitas veces. Mayra desgraciadamente soamente houbo unha e non podemos traela de novo, pero si que poden moitas das novas xeneracións de presentadores e presentadoras estudar o seu traballo e aprender como hai que enfrontarse a un programa de televisión, por moito que teñan pasados os anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor