Mazón na boca do lobo

O AFIADOR

Publicado: 02 nov 2025 - 05:55

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Un ano despois da traxedia vivida en Valencia foi o tempo dedicado polo presidente Mazón a tratar de sacudirse o baldón da sua intolerable actitude o día no que 229 persoas perderon a vida, outros máis sufriron feridas e milleiros máis todo ou parte do que tiñan, mentras o responsable do Goberno da Comunidade Valenciana disfrutaba de grata compañía no reservado dun restaurante. Cuanto de interesante tería o encontro para que en tal situación se mostrara alleo á dantesca realidade desatada a poucos kilómetros. Sabemos agora que incluso rexeitou duas chamadas da conselleira responsable na materia para lanzar a famosa alerta, cando xa a morte corría polas ruas de lama envolta no diluvio universal.

Co sucedido, a estas alturas, a dimisión resultaría xa un xesto irrelevante, se non fora porque os damnificados precisan da sua desaparición para chorar en paz polo que unha xornada aciaga lles arrebatou e matinar si acaso tería remedio con outras decisións aquel maldito 29.

É evidente que no ano transcorrido non logrou convencer a ninguén da sua falla de responsabilidade; antes ben, con cada mentira foi subindo un chanzo máis no camiño da miseria moral mentras a voz e a conciencia dos familiares das vítimas e afectados lle martelaba a testa sen descanso. O visto no funeral solemne do pasado mércores foi a confirmación de que Mazón é un político carbonizado e como persoa apenas un espectro da vileza. Co sucedido, a estas alturas, a dimisión resultaría xa un xesto irrelevante, se non fora porque os damnificados precisan da sua desaparición para chorar en paz polo que unha xornada aciaga lles arrebatou e matinar si acaso tería remedio con outras decisións aquel maldito 29.

Non hai corazón de persoa de ben que non se conmovese cas imaxes do funeral, que nalgunha fase chegaron a trasladar a quenes teñen idade para elo á maldita tarde do segundo sábado de xullo de 1997, cando España se conmoveu e chorou a unha voz o asesinato de Miguel Ángel Blanco. Como entón, pasados anos e tempo, permanecerá na memoria colectiva o que facía cada quen aquel 29 de outubro no que o mundo se puxo tolo nas ruas de varias localidades valencianas.

Dende o fatídico día, o PP debulla na intimidade de Génova a fórmula para que o que queda de Mazón lesione o menos posible os seus intereses políticos. En privado, para un gran número de militantes e simpatizantes resulta incomprensible que siga no posto, conscentes de que as enquisas penalizan as expectativas electorais. Si o resultado da reflexión que el mesmo anunciu que abriría estes días e comunicará en datas próximas, non coincide coa sua desaparición da vida pública, a complicación subirá un par de niveis. Pero agardar xenerosidade de quen leva un ano pondo o ego por diante da dignidade, é como soñar nun milagre. Aínda que hai quen dí que seica existen… pero ó mellor aparece no seo doutras siglas.

Contenido patrocinado

stats