Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Los kikos o el mal gusto de Inés
O asunto de Kylian Mbappé é de escándalo! E os afeccionados madridistas ó ler esta exclamación pensarán que vou entrar a saco polo proceder deste xogador francés. Pois non. Para min é moi libre que diga, que queira, que busque, que opine, que faga o que desexe, que seguro que será polo seu propio interese. Como nos pasa a todos, que buscamos o mellor interese. Polo que non somos nin máis nin menos honrados ca el.
O de escándalo ben polo propio seareiro merengue, que aínda non hai un ano andaban co Mbappé como cos ovos na peneira, “en palmitas”; que incluso esa admiración ía moito máis alá do propio xogador. Chegou a alcanzar á mesma selección francesa de fútbol. Inclusive cando se xogou aquela final da Liga de Nacións que nos ganou de “mala maneira” a selección francesa, sei que ós madridistas non lles importou que nos derrotaran. Algún ata se alegrou polo detalle ese do pasado barcelonista do seleccionador Luis Enrique, e de que ultimamente, claro está, chama a máis culés que merengues. É normal entón ver que o fanatismo vai varios chanzos máis arriba da propia lóxica. Nada menos que animando a Francia!, un país co que sempre mantivemos unha rivalidade bestial.
O que pasa é que chegou o momento en que Mbappé lles fixo “a puñeta” (porque, falando claro, iso foi un auténtico dardo no fociño), e entón si, entón, de golpe, ou como se adoita dicir, do amor ó odio vai un paso. Que va! Nin medio paso! Porque agora Mbappé é o inimigo número un do afeccionado merengue. E o dicionario quedaríase curto con todo o que se lle chegou a chamar. E o que se lle está chamando.
Mesmo os periodistas (para min, presuntos periodistas) non deixan de proclamar ós catro ventos o de “peseteiro”. E por iso eses periodistas non están a traballar en periódicos de provincias ou en teles e radios locais de vilas onde Cristo perdeu o gorro. “Peseteiro” tamén poden ser Benzema ou Kroos ou Hazard ou todas as fichaxes que fixo o club branco. Porque, non pensarán que viñeron para o Madrid tan só para suar a camiseta? Ó mellor igual pensan que si, que viñeron por amor ó club. Porque a maioría das veces o fanatismo cega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños