José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
"Patria", de Fernando Aramburu. 642 páxinas. Cando estaba lendo na 175 chega unha mensaxe ó móbil de que ó día seguinte vence o prazo de préstamo. Eu tranquilo, xa o sabía. O día seguinte quixen renovalo e, zas, está reservado. Non podo renovalo. Imposible rematalo. O compañeiro díxome que me deixaba o del cando o acabase. Pois vale. Pero, que carallo!, a ver se me dá tempo. Quedan case 500 páxinas, pero... Pero nunca lera tanto na miña vida. Ata vin o Xetafe-Celta sen voz (só lla daba cando o Xetafe meteu os tres goles). Tiven que rematar o libro en menos dun día porque, o día da entrega, para máis caralladas, tocaba meterlle esterco á viña. Acabeino pero tamén acabei coa cabeza coma un bombo. E total para que?; se o que me contou Aramburu en 642 páxinas contábamo Marcial Lafuente Estefanía en tan só 96 nas súas noveliñas do Oeste, cando escribía, por exemplo, sobre o conflito entre os gandeiros e os ovelleiros. Así de simple, pois a de Aramburu, pódese dicir, é tal cal. Non explico nada máis a causa daqueles que aínda o queren ler. Sinceramente, esperaba unha análise moito máis profunda tocando o tema que toca. Para un servidor, demasiado bombo a unha novela moi voluminosa e moi simple.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa
Alfredo Conde
A TRIRITA
Sobre gatos, ratos, monarcas e presidentes
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad