Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Acrise climática, o risco de novas pandemias e os conflitos armados (a guerra entre Israel e Hamás na Franxa de Gaza, a invasión rusa de Ucraína, e outros en Burkina Faso, Myanmar, Nixeria, Siria, Somalia, Sudán, Iemen, etc.), constitúen as maiores ameazas para a humanidade e o planeta, nun mundo que navega sen rumbo e sen líderes, cun G-7 que impón a súa lei -hai que pasar da gobernabilidade plutocrática a escala global a un novo multiculturalismo democrático- e unha Unión Europea inoperante ante o conflito Rusia-Ucraína -coa Unión Europea actuando como interlocutor de Moscova en lugar da OTAN as cousas serían diferentes-, motivos máis que suficientes para preocuparse e a través desta columna alza a voz.
O mundo necesita paz, hai que buscar solucións aos conflitos armados e poñer fin dunha vez por todas a tantos investimentos en armas con fins bélicos, que o único que fan é traer destrución e morte aos seres inocentes. Nada mellor que destinar estes recursos a paliar a crise humanitaria, a erradicar a pobreza e a fame no mundo, a promover a habitabilidade da terra, naquelas zonas máis desfavorecidas do planeta, onde hai fame, falta de infraestruturas de abastecemento e de saneamento de augas, falta de atención sanitaria, etc.
Cómpre pór fin á sobreexplotación dos recursos naturais, xa que os episodios de calor extrema, inundacións, incendios, son cada vez máis frecuentes, como consecuencia dos desequilibrios provocados pola excesiva actividade antrópica sostida no tempo, e se continuamos así imos cara ao ecocidio. O cambio climático está a causar destrución, fame, pobreza, millóns de mortes e moito sufrimento. O ser humano é o único que pode frear esta ameaza para a nosa supervivencia, xa que os grandes problemas que ten a humanidade na actualidade (quecemento global, perda de biodiversidade, pandemias, fame, etc.) poden ser combatidos con unidade de acción, sumando esforzos por parte de todos.
A nosa xeración é a primeira en enfrontarse ao cambio climático, ou actuamos con urxencia e contundencia ou será unha misión case imposible para as xeracións vindeiras. Os nosos estilos de vida deben cambiarse rapidamente para facelos compatibles coa saúde do planeta. Debemos estar preparados para o risco de novas pandemias nun futuro próximo, así como adoptar medidas drásticas para mitigar e adaptarse ao cambio climático, hai que frear a crise climática na medida do posible, ademais de protexer a biodiversidade e promover a economía circular.
Comparto plenamente a reflexión de François Rabelais, que na súa obra ‘Pantagruel’ di o seguinte: “a ciencia sen conciencia é a ruína da alma”. Aínda que no horizonte planetario de 2024 hai máis sombras que luces, está nas nosas mans cambiar o rumbo das cousas e construír un mundo novo, en paz, sen ecocidio, sen pobreza, sen fame e con igual dignidade para todos os seres humanos. Temos ciencia, sexamos conscientes de que a nosa finalidade principal é mellorar a vida das persoas. É o camiño a seguir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último