A mentira vive con nós

O AFIADOR

Publicado: 10 ago 2025 - 01:30

Opinión en La Región | La Región
Opinión en La Región | La Región

A pasada semana botaba andar este xornal unha iniciativa contra os bulos na comunicación e en defensa da prensa tradicional como garante da convivencia e o respecto aos demáis e contra a mentira como vehículo permanente da desinformación instalada en altofalantes e dispositivos de transporte e difusión virtual como metralla contra a verdade, esnaquizándoa ou reducíndoa á nada. A empresa ten loable interés, aínda que semelle unha loita hercúlea contra o infranqueable muro da impunidade no está amparada.

Hai que dicir que nesta estratexia de enmerdar a comunicación participan tamén algúns medios que se expresan en soportes tradicionais e que dedican boa parte do seu labor a amparar ou denostar a formacións políticas. Curiosamente, é este último ámbito o que debendo ser o que loitara polo imperio da verdade e arbitrara instrumentos legais que eliminen -tarefa imposible- ou, cando menos, atenúen tal perversión, resulta, digo, que son os que contribúen e alimentan decisivamente a conformar o clima por veces irrespirable.

Por exemplo, circula por terra mar e aire que o traslado de Pedro Sánchez e a sua familia a Lanzarote para disfrutar as vacacións de estío implica un consumo de 28.000 litros de queroseno para o erario.

Curioso resulta, igualmente, que na guerra por impor o relato propio se incorporen feitos ou circunstancias reais históricamente aceptadas ou asumidas dentro da normalidade, para convertelos nun momento determinado en metralla contra o inimigo, debidamente adobados polas doses de demagoxia que se precisen. Por exemplo, circula por terra mar e aire que o traslado de Pedro Sánchez e a sua familia a Lanzarote para disfrutar as vacacións de estío implica un consumo de 28.000 litros de queroseno para o erario. Seica equivalen ao que queima unha familia na vida (suponse que en coche, pois as familias do común non temos costume de alugar -e moito menos mercar- jets privados para os nosos desprazamentos). O que se quere suliñar é que o custo de tal cantidade de combustible supón un dispendio clamoroso que se detrae das necesidades cidadáns.

Non está no meu maxín exercer de valedor do presidente do Goberno, pero tras tal lectura salta o automático mental para reparar si esta forma de viaxar é unha veleidade dun Sánchez abrazado á satrapía e preguntarse como se desprazaban os anteriores presidentes do Goberno de España para viaxar a Canarias? Faríano en tren regular de Madrid a Cádiz e despois nun ferry común a Lanzarote, cargando en ámbolos casos o custe dos billetes na conta do presidente respectivo? Pagaban González, Aznar, Zapatero e Rajoy os gastos vacacionais familiares dos seus propios petos? Saque as suas propias conclusións e contribúa, por favor, a non alimentar a marabunta. Gañaremos todos.

Contenido patrocinado

stats