BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Pasou a semana dos Reis. Dos agasallos. Circula polas redes sociais un vídeo que encabezan coa frase: "E ti chorando, porque non che mercaron o IPhone 6s Plus" e, non obstante, as imaxes mostran a uns cativos de color (imaxino que africanos) rindo a gargalladas polo mero feito de romper os envoltorios dos paquetes. Imaxinade polo tanto como se senten cando ven nas caixas toda clase de xoguetes. Repito: sen aínda ver o que tiñan xa os seus dentes branquísimos brillaban nuns sorrisos eternos. Recoñezo que eu mesmo me enchín de felicidade ó ver o vídeo.
Non me importa confesar que case nunca dou esmola e que moi pouquiñas veces participo en axudas que levan a cabo toda clase de ONG, porque eu tamén me vexo e me desexo para subsistir. Pero nunca rexeitei o bolígrafo (con el estou escribindo) que lanzan os da campaña "Un xoguete, unha ilusión" (a 5 euros) porque tal campaña é precisamente para levarlle xoguetes a eses nenos que nunca os tiveron. Levo dous anos mercando dous bolis.
A ver, para un servidor un neno xa son palabras maiores. Onde estea un neno que se quite todo o demais. A miña nai, de tanto que os quería, mordíaos nas fazulas. Eu non os mordo porque teño medo a mancalos. Pero doulles abrazos de oso e cómoos a bicos. Oxalá os Reis lles chegaran á inmensa maioría. Porque os nenos merecen iso (abrazos, bicos e agasallos) e moito máis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
27 de junio
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar
FESTIVAL DE MUSICA
“Santa Cristina in musica” regresa en su quinta edición a Ribas de Sil