Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Din que a avaricia rompe o saco. A avaricia de Rogelio Aguiar Fernández, natural de Rebeño (Pontevedra), pero dono de Bodegas Aragón de Ourense rompeu vidas humanas. Por culpa do alcol metílico.
O alcol metílico ou metanol ou alcol da madeira ou alcol de queimar é un líquido volátil, incoloro e soluble en auga e outros disolventes. Trátase dun produto de uso industrial para a elaboración de disolventes, líquido limpaparabrisas, lacas, vernices, produtos plásticos, explosivos, etc. Rogelio Aguiar mercouno a 9 e 12 pesetas para, ó mesturalo co alcol etílico de 96º ou vínico, vendelo a 15 e a 16, cando na realidade este último estaba a 30. Negocio redondo. A primeira noticia descubriuse no marzo de 1963 na poboación de Haría, en Lanzarote, cando unha doutora farmacéutica sospeitou que algo non cadraba na morte de tres veciños e doutros dous que quedaron cegos. En Galicia, bastante antes xa houbera varias mortes que os profesionais sanitarios e as autoridades non relacionaran ou non investigaran ben. Unha desas mortes caeu no concello de Baños de Molgas, máis en concreto, en Santa Eufemia. Foi a de Aníbal Capelo Sobrino, que faleceu o 12 de maio de 1963, deixando viúva e catro fillos menores de idade. En total seica foron 51 falecidos (13 na zona do Carballiño) e 9 persoas cegas, aínda que a cifra real pode contarse incluso por millares. Porque... estaba visto!, o ministro de Información e Turismo, don Manoliño Fraga, axiña tratou de diminuír o impacto mediático contra o réxime franquista, póndolle máis que pegas ás publicacións en prensa e na radio.
Logo, para máis aquel, no xuízo que tivo lugar en 1967 contra 11 procesados, caeron unhas penas ridículas, entre 1 e 20 anos de prisión e indemnizacións que alcanzaban case 20 millóns de pesetas. E como a xustiza no noso país sempre foi como foi (sempre é como é), ningún dos condenados cumpriu máis de seis anos de cárcere, e como se declararon insolventes, ningunha vítima ou familiar recibiu nada de nada. Como se adoita dicir, marcharon coma se tal cousa, marcharon coma o peido do cu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero