Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El día de los museos
"Baby Reindeer", traducida en español por "Mi reno de peluche", é unha das series máis vistas de Netflix nas últimas semanas. Sen un lanzamento ao grande, a través do boca-orella, está a converterse nun dos éxitos desta tempada serial. Richard Gadd, que é o creador, guionista e actor protagonista, relata en 7 episodios de diferente duración, a historia dunha vítima de acoso.
Todo comeza cando Donny, un aspirante cómico que traballa nun pub, ten un xesto amable cunha muller que lle parece vulnerable. Este simple acto desencadea unha obsesión enfermiza por parte dela que empeza a introducirse cada vez máis na vida do home.
Despois de descubrir por Internet o seu pasado de acosadora serial, en vez de acudir á Policía, Donny sinte cada vez máis empatía por ela e deixa que a súa vida se converta nun pesadelo. En pouco mais dun ano, a muller acaba facendo chegar ao comediante 40.000 emails, 744 tuits, 350 horas de mensaxes de voz ademais dun centenar de cartas. Incluso chega a acosar aos seus pais e mesmo a unha rapaza coa que Donny acababa de empezar a saír…
Pero sobre todo é unha miniserie que trata moi ben o tema dos trastornos post-traumáticos, consecuentes a unha violación. As personaxes que forman parte desta miniserie, fainos profundar con incomodidade nesta realidade, soportados por un guión sólido e uns diálogos cargados de brutal sinceridade.
"Mi reno de peluche" é unha serie perturbadora, un drama con tinguiduras de humor negro, e unha obra didáctica que nos fala con sinceridade de acoso, de violencia sexual, de abuso de drogas, de saúde mental e presión social, entre outros temas. Pero sobre todo é unha miniserie que trata moi ben o tema dos trastornos post-traumáticos, consecuentes a unha violación. As personaxes que forman parte desta miniserie, fainos profundar con incomodidade nesta realidade, soportados por un guión sólido e uns diálogos cargados de brutal sinceridade.
Jessica Gunning interpreta a acosadora, Martha Scott, e fai unha interpretación abrumadora, chea de rexistros moi diferentes que retratan moi ben as ambivalencias e os cambios de humor do personaxe. Por outra banda temos a Donny, que é o punto de vista desta serie. Capítulo tras outro, imos descubrino algo máis do seu carácter, das súas ambicións, da súa falta de autoestima e sobre todo das orixes da súa depresión. No capítulo 4 – un antes e un despois na miniserie – desvélase a orixe do seu delicado estado emocional: o abuso que sufriu por parte dun famoso guionista. A partir de alí, o seu estraño comportamento empezará a ter sentido, aínda que os acontecementos non deixarán de sorprendernos ata os segundos finais do último capítulo.
Asombrará aínda máis saber que "Mi reno de peluche" está baseada nas vivenciais reais do creador e protagonista, Richard Gadd. O comediante sufriu abuso sexual aos principios da súa carreira por parte dun mentor da industria televisiva, e recibiu acoso por parte dunha muller durante máis dun ano.
É noticia de hai uns días que a verdadeira Martha Scott pediu unha indemnización de 170 millóns de dólares (156 millóns de euros) a Netflix, por danos e prexuízos. Unha vez máis a realidade chega a superar a ficción. Mi reno de peluche é unha serie arriscada, atípica, e moi recomendable. Non deixará indiferente a ninguén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El día de los museos
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
¿Florentino, o más bien Tino, el de la tasca?
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Fondos de Afundación coa casa como centro
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
Galicia y la renta 2025, claves que conviene revisar
Lo último
BOTELLA DE CRISTAL EN MANO
Acepta 60 días de trabajos comunitarios por golpear y morder en el cuello a su expareja en Verín
CONTRA EL ESTATUTO MARCO
La nueva jornada de huelga sanitaria alcanza casi el 21% de seguimiento en el CHUO