La Región
El derecho a morir
Asistimos impertérritos a un continuo abuso das palabras co fin de ocultar a verdade: sinal clara do perigo que corre a liberdade. Non obstante, ó contrario ca en 1984, a novela distópica de Orwell, onde por orde do Gran Irmán se procedía a destrución diaria de centos de palabras na construción da Neolingua, agora acertouse cunha fórmula máis eficaz: a da masiva creación léxica, normalmente a través do uso de neoloxismos e de eufemismos, politicamente correctos, neutros e de gusto kitsch, que, divulgados a través dos medios, pronto gañan o favor das masas e conducen ó idioma ó abismo da charlatanería: que é do que se trata na feira global. E un lembra o Epitafio que lle dedicara Valente a A. J. Fraud, profesor exiliado, vítima da hostilidade e da indiferenza: “Para hacernos más libres,// guardó de las palabras// en tiempo de mentira”; pero ó comprobar que nunca coma agora foi tan fácil a propagación da falsidade, pensa dese nobre oficio de custodio das palabras o mesmo ca daquel de agrimensor que tiña K. no Castelo kafkiano.
Esta semana daba conta un noticiario radiofónico da enésima chegada dun barco con refuxiados africanos a un porto do sur de España. E fixeime en como o locutor empregaba dez ou doce veces a palabra “migrantes”, pero nunca “emigrantes”. E resulta interesante saber que “migrante” só se incorporou ó DRAE en 1989, e que só a partir de entón empezou a figurar tamén nos dicionarios de galego. Como se lle chamaba entón ós que tiñan que abandonar a súa terra por necesidade? Sábeo todo o mundo: “emigrantes”. E isto é así desde os séculos XVIII-XIX, pois antes simplemente eran “estranxeiros”. Por iso na Biblia non hai migrantes nin emigrantes, pero si estranxeiros, o mesmo que apelacións á lei ancestral da hospitalidade que todos deberíamos coñecer, especialmente os galegos: “Amaredes ó estranxeiro, pois estranxeiros fostes na terra de Exipto” (Deuteronomio: 10:19.
“Migrante” e “emigrante” remítennos en última instancia ó verbo latino migrare ‘cambiar de residencia, moverse dun lado para outro’. Pero “emigrar” de emigrare –composto co prefixo ex- ‘cara a fóra’ máis o verbo, con perda da x por asimilación- fai fincapé en que se trata dunha migración a fóra do país natal, en consecuencia case sempre forzada pola necesidade. “Migrantes” son pois os paxaros, que hoxe van ó norte e mañá ó sur, ou os que andan de paseo dun lado para outro por vontade propia, ou os que se moven entre países pola natureza do seu traballo. Pero os refuxiados africanos nin son paxaros, nin andan de paseo polo mundo, nin están en “mobilidade exterior”, como dicía dos mozos españois emigrados aquela exministra de traballo que nunca traballara: tan só son “emigrantes”. Aínda que unha vez instalados no novo país de residencia sexan alí “inmigrantes”, pero sen deixar de ser intrinsecamente “emigrantes”.
Xa se sabe que todo isto que un escribe vale de pouco: talvez de nada. Contados son os que se paran a ler algo de maior lonxitude ca un tweet, mentres son multitude os que diariamente atenden durante horas ó adoutrinamento mediático. Por iso é previsible que siga medrando o uso impropio de “migrantes”, e ata que se complemente co de “migrantas”... Pero a min váleme para compracerme en lembrar algo que escribira o P. Feijoo: “Los ignorantes, por ser muchos, no dejan de ser ignorantes”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
El derecho a morir
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
Lo último
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero