Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La casa de la cadena
TRIBUNA
Conservo moi viva na memoria a lembranza do Mestre Vide entrando no Campante -o bar dos meus pais na rúa dos Fornos, ao que acudía asiduamente- o día da Mercede, pedindo, con xesto compunxido, “ponme un vasiño que acabo de saír do cárcere”. A pesar do seu aspecto serio, circunspecto, o Mestre Vide tiña un gran sentido do humor e esta brincadeira, que repetía tódolos anos, referíase a que viña, efectivamente, do cárcere, pero non de cumprir condena algunha, senón de dirixir o coro que cantara a misa celebrada co gallo da patroa dos reclusos.
O mestre Vide iniciou esta colaboración coa Prisión Provincial de Ourense, na rúa do Progreso, no remate dos anos corenta do pasado século con membros do “Orfeón Unión Orensana” do que era director. Froito desta desinteresada participación foille concedida en 1952, pola “Dirección General de Prisiones”, a “Medalla de Bronce del Mérito Social Penitenciario” pola súa “relevante cooperación a la obra penitenciaria nacional”.
Continuou acudindo cada ano á Prisión Provincial polo día da Mercede ata poucos anos antes do seu pasamento que tivo lugar o 20 de novembro de 1981 (na antevéspera de Santa Icía, patroa dos músicos), aos 88 anos de idade. Cando xa abandonara a dirección do “Orfeón Unión Orensana”, recrutaba para estas celebracións orfeonistas e membros da Coral De Ruada, coa que sempre mantivera unha excelente relación e coa que colaborou en moitas ocasións, o que lle valeu ser nomeado “Director de Honra” da Coral.
Na foto de Reza, publicada en La Región do 25 de setembro de 1970, podemos ver o Mestre Vide, de costas, dirixindo un coro formado por integrantes de varias formacións ourensáns, entre os que se atopaban os ruadistas Alfonso Villar, Claudio González “Cuco de Velle”, José Gallego “Chuti” (en primeiro plano, á esquerda)…, acompañados ao piano polo seu fillo Pepe Vide.
Alí cantaremos a misa e evocarei, ben seguro, a figura do Mestre Vide entrando pola porta do Campante
Este ano, a celebración adiántase ao 19 de setembro por razóns de tipo organizativo e a Coral De Ruada foi convidada a participar na misa que se celebrará na prisión de Pereiro e será oficiada polo bispo da diocese, monseñor Leonardo Lemos. Alí cantaremos a misa e evocarei, ben seguro, a figura do Mestre Vide entrando pola porta do Campante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La casa de la cadena
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Torrente Presidente también gobierna Ourense
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Día de San Patricio
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Se cumplen 60 años del gran triunfo del teatro juvenil de Ourense con “Donadieu”
Lo último
RIESGOS LABORALES
El Gobierno impide trabajar a los menores expuestos al peligro
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 18 de marzo
SEGUNDO FUEGO DEL DÍA
Incendio forestal con dos focos en Cardoso, Viana do Bolo