José Ángel Vázquez Barquero
Más poder local, mayor descentralización del Estado
PINGAS DE ORBALLO
El mirouna de esguello. Ela estaba no asento do copiloto, suxeita a unha pequena mochila negra. Ían camiño de Muros.
De cando en vez, a nostalxia del estaba preñada de melancolía. A dela, pobre, flotaba polo pequeno espazo interior do vehículo.
El conducía. Ela cantaruxaba cantos gregorianos. El, escoitándoa, sorría. Din que a melancolía é o pracer de estar triste. Eles, os dous, estaban melancólicos, si, pero non tristes. Ían ó que ían.
A entrada a Muros foi algo caótica: feiras, mercados, procesións de Semana Santa, de paixón. Paixón como a deles. Viron a áncora e volveron sorrir. Sabían que aquela áncora tiña historia. Non puideron cumprir o seu desexo alí mesmo porque, xusto ó seu carón, na peaña da áncora, había moreas de roupa. E tampouco era plan de luxar a vestimenta.
Eles estaban melancólicos, si, pero non tristes; compartían lembranzas, paixón e a serenidade de momentos que flotan entre Muros e Lira
El volveuna mirar de esguello. Ela seguía acordoada, atada á mochila. Mirouno de fronte e asentiu. Marcharon xuntos na procura das augas do mar. Sen dubidar.
El abrazouse á mochila e deixou que se espallasen os recordos: os días de ir e vir, os instantes fermosos e mesmo as carraxes que, de cando en vez, asoman na vida de calquera. Ela, mentres se ía, sorríalle a el, á memoria compartida, ó tempo vivido xuntos.
Repetiron practicamente o mesmo en Lira. Porque había que ir a Lira. Muros e Lira, Lira e Muros. Como tiña que ser.
En Lira, desde o paseo marítimo, el espallou de novo as lembranzas baixo o sorriso dela. Ela deixouse ir e, baixo os mesmos cantos gregorianos, quedou durmindo o soño dos xustos, placidamente, coa conciencia tranquila e unha fonda paz interior. El soltou un salouco. Ela nadou cara ó infinito e máis alá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 26 de mayo
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura