Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Campaña a la carga
PINGAS DE ORBALLO
Como me aburría, ou máis ben como non sabía en que matar o tempo, ía de camiño mordendo unha uña. Unha que, para máis aquel, teño escarallada desde rapaz por culpa dun guindastre daqueles ós que aínda había que dar manivela. Entre a roda dentada grande e a pequena metín o índice da man esquerda para comprobar se conseguía frealas. Inocente, carallo, que es un inocente! E, para máis aquel, aínda levei unha labazada da nai por parvo. Máis ben por querer cortar a hemorraxia envolvendo o dedo no xersei que puxera, lóxico, perdido de sangue.
Morder: apertar con forza algo entre os dentes, ferir cos dentes.
Comer: introducir na boca un alimento sólido e tragalo. Repito: tragalo.
Por nervios, por carraxe, por aburrimento... Son unha máquina mordendo nelas
Fago estas dúas aclaracións porque todo o mundo adoita dicir: “Non comas as uñas”. Non creo que ninguén coma as uñas, é dicir, que as trague. Os que somos adictos a elas, mordémolas, pero non as tragamos. Eu recoñezo que son un adicto a... mordelas. E amólame bastante que me digan que como as uñas. Mórdoas ata a coroación, ás veces mesmo ata facelas sangrar, pero acabo cuspíndoas, que non as trago.
Por nervios, por carraxe, por aburrimento... Son unha máquina mordendo nelas. Si, moi de tarde en tarde, fago o intento de deixalas medrar. Pero o intento é efémero, curto, dura pouco: primeiro empezo a refregar unhas coas outras, a furgar nelas e, cando xa consigo abrirlles camiño, alá van, adeus, moi boas! Xa vai unha detrás da outra.
Vendo o fútbol é cando máis as ataco, quizais porque, aínda que mire, teño que estar facendo algo. Ou non. Se cadra, só é vicio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Campaña a la carga
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El baile y el contrato
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Golpe al sanchismo
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
La IA y la libertad
Lo último
80 PARTICIPANTES
La Copa Diputación de escalada tiene ganadores en Ourense
POSIBLE MULTA A LOS DUEÑOS
Susto en Barbadás: una persona se refugia en su coche tras ser atacada por dos perros